DE CABALLERO A PRÍNCIPE

O día 30 de maio asistín a unha charla-coloquio organizada por UPD no hotel Coia. Interviñan entre outros os exalcaldes de Vigo: Carlos Príncipe e Manuel Pérez.
O meu interés era coñecer as explicacións do Sr. Príncipe, en canto ás súas declaracións nos medios de comunicación acompañado de dirixentes do PP, e poder entender así os motivos e xustificacións da decisión tomada no seno do PSOE.

Puiden comprobar e confirmar os meuspresentimentos: O Sr. Príncipe actúou somente en defensa da súa cidade.

Como cidadán de Vigo sinto que é un ultraxe para os fillos da cidade o que se fai no PSOE: Non pode ser que estén os intereses do partido por enriba dos intereses da cidade.

Síntome ultraxado como cidadán, como vigués, xa que se trata dun dos poucos alcaldes vigueses que realmente defenden Vigo desde o seu cerne, xa que é de Vigo, ademáis da zona de Lavadores, coma son eu. Non entendo que nun partido político pesen máis as persoas foráneas que as propias do lugar. En todo caso, un partido político entendo que debe ser aberto ás diferentes perspectivas e enriquecerse con elas, e non pechado e excluínte.

Pido ao Sr. Caballero que teña en conta o antedito, e que en vez de castigar a un antecesor seu, lle dé os honores debidos por defender a súa cidade a ultranza, sin temores políticos.

Quero facer constar o meu pensamento, para o que asino o presente escrito por considerar que con elo cumplo o meu deber de agradecer ás persoas, coma neste caso có nome de Príncipe, enarbolan os intereses da miña cidade por enriba das súas ideas políticas.

Oxalá esta carta serva para que entidades, partidos políticos e cidadáns en xeral, sexán partícipes en facer xustiza.


P.D.: Sería interesante e clarificador un debate público entre o señor Príncipe e o señor Caballero,temas como Area Metropolitana, Novo Hospital, Palacio de Xusticia, Caixas de Aforros, Depuradora , etc o fan necesario.

Te puede interesar
Más en Cartas al director