bufóns e patriotas

Non sei o que, nin como, nin cando nin para que. Danche un bocadiño de pan e devóralo como se a razón do teu latexar dependese dese morder. Cando o que estás a mastigar é ese anaco de esmola que se che concede para enganar a túa fame.
E para que durante un tempo o teu estómago deixe de ser un encordio. Tes o teu espazo, que non é teu, un recuncho de axustadas medidas no que permiten que te movas e desenvolvas. Es un miña xoia con ganas de rebentar todo. Mais ao final confórmaste con abafallar ou ameazar a calquera que nese momento pase por aí. Ou con berrar insultos e desprezos de dez a once contra os mesmos que che dan permiso e lugar. E todo isto, pacificamente. Non vaia ser.
O certo é que non creo que estas pataletas sirvan para algo. Agás para desafogar a rabia. Que é o que pretenden. Aínda que a isto os interesados lle queiran chamar liberdade. A mesma que, cando convén, ameazan con quitarcha. Acabará alguén rachando algo? Posiblemente! Haberá que preocuparse? Oxalá! E así cada páxina que pasas neste ridículo anaco de terra poboado por esperpénticos muíños de vento.

Te puede interesar
Más en Cartas al director