AFUNDIR O VOLUNTARIADO DAS AMBULANCIAS

Quería transmitirlles a indignación dun voluntario de Protección Civil, como eu, que adica o seu tempo a axudar á xente nunha ambulancia dun concello galego, onde trasladamos a accidentados e a enfermos ao hospital.
No pasado veran o goberno de Mariano, sacou unha norma (real decreto), sobre dotacións de ambulancias, case podemos decir que a traizón, non esquezamos que este goberno vive nun proceso lexislativo continuo que sufrimos os cidadáns en diversas ordes das nosas vidas, xa que é o que máis reais decertos esta facendo desde o inicio da democracia, para, neste caso, profesionalizar a todo servizo de ambulancias 'esquecéndose' dos servizos de ambulancias levados por voluntarios; na norma nin se nos nomea e no Estado Español, e como non na Galiza, somos milleiros os voluntarios que realizamos servizos de auxilio en ambulancias. O asunto foi que todos os que realizamos labouras nunha ambulancia a partir de xaneiro debemos de ter unha formación profesional, cousa que vexo ben. O problema é a incapacidade da administración para homologar os coñecementos e experiencia adquirida polos voluntarios para poder acceder á certificación profesional, cuns estudos e un exame que nos valería para seguir 'botando unha man' e non deixar sin ambulancia ás persoas que o necesiten por unha urxencia.

As autoridades parecen non responden a unha problemática que elas mesmas orixinaron. Cecais o voluntariado das ambulancias sexa unha víctima colateral dun real decreto. Cecais están a esperar a que se afunda todo o voluntariado de ambulancias e se teña que pagar por todo. Por favor, que alguén lembre os apoios que deron sempre os voluntarios en tódalas emerxencias, coma na última traxedia do accidente do tren en Santiago, ata o mesmo presidente da Xunta de Galicia. Feijóo nomea unha e outra vez os voluntarios e a axuda que prestaron, os membros de tódalas agrupacións de voluntarios de Protección Civil e Cruz Vermella, e así págannos; non deixedes que fagan isto, por favor.

Te puede interesar
Más en Cartas al director