absolutamente galego

“Yo me siento español, absolutamente español. He nacido en Galicia, en Santiago de Compostela”, M. Rajoy. Eu, o que asina, nacín en Galicia e séntome galego, absolutamente galego, e non por iso resto e divido. Como galego creo que se debe fomentar o estudo e fortalecemento da cultura galega. Chegou o momento de transformar o Estado para definir e alcanzar unha España moderna.

Estou orgulloso de ser o que son e iso non me limita para entender, asimilar, elaborar información e utilizala para resolver problemas. A inteligencia, que non está disputada coa calidade de ser español, galego, catalán, vasco, madrileño, andaluz, etc. permite elixir as mellores opcións para resolver problemas. Nacionalidade histórica, segundo Wikipedia, é un termo recorrente na política española usado para designar aquelas comunidades autónomas cunha identidade colectiva, lingüística ou cultural diferenciadas do resto do Estado. Dende aquí, debemos encontrar o camiño do diálogo e a solución, respectando a singularidade.

Ocórrenseme 14 acepcións, por aquilo do 2014, do que os políticos deben evitar aos que como eu son o que son: desgustar, anoxar, cabrear, encrespar, enervar, exaltar, exasperar, exacerbar, indignar, amolar, incomodar, desagradar, cansar, provocar.

'Non desesperedes, os que de verdade sintades a emoción galega; seguide sempre con fe, e si se vos ocurre pensar acaso se sementades ou se soio esparexedes, desbotade ise pensamento e tede por certo que calquer traballo, grande ou pequeno, duro ou levián, que emprendades en nome de Galicia, é sempre sementeira.' (Florentino L. Cuevillas)

Te puede interesar
Más en Cartas al director