Nos soportais da Casa do Concello celébrase hoxe a Feira do Troco

Variado programa para o Concerto do Nadal do luns

Alumnos del Conservatorio durante un ensayo.
O Conservatorio Profesional de Música ‘Víctor Ureña’ de Redondela celebra o vindeiro luns día 20 de decembro, ás 20.30 horas no Multiusos da Xunqueira, o xa tradicional Concerto de Nadal, no que participarán alumnos das distintas especialidades que se imparten no Centro.
O programa será moi variado con obras de autores coma: Francisco Lacalle, Chueca y Valverde, J. Serrano, Steven Reineke e Jacob de Haan entre moitos. No festival participarán o Coro de Grao Profesional, o Conxunto de corda de Grao Profesional, a Banda Infantil e a Banda de Grao Profesional.

FEIRA DO TROCO

Doutra banda,hoxe, a partir das 11:00 nos soportais da Casa do Concello de Redondela, terá lugar unha nova edición da Feira de Troco especial xoguetes e agasallos. Neste sistema de troco, as persoa interesadas poden levar aos soportais ata catro obxectos aos que non lle dean uso, mais que estean en bo estado. Entre as 11:00 e as 12:30 recolleranse eses obxectos entregándose un vale numerado por cada un deles. Entre as 12:30 e as 13:30 os vales poderanse trocar polos obxectos depositados. Cada vale pode ser trocado por un obxecto. No caso de que dúas ou máis persoas estean interesadas nun mesmo obxecto, darase prioridade á numeración dos vales.

Te puede interesar