A. Metropolitana

O tesouro humano do Miño: de lendas, pesca e artesanía

A. Metropolitana

baixo miño

O tesouro humano do Miño: de lendas, pesca e artesanía

Presentación de "Os tesouros humanos vivos", de memoria cultural do río Miño.
photo_cameraPresentación de "Os tesouros humanos vivos", de memoria cultural do río Miño.
A Deputación presenta un traballo de recuperación da memoria cultural galaico-lusa
A Deputación  presentou  a iniciativa “Os Tesouros Humanos Vivos”, traballo de recuperación da memoria cultural galego - portuguesa no territorio do Miño. Coñecementos como as técnicas de pesca tradicional, os traballos artesanais, os contos e lendas e mesmo as variedades dialectais que dende tempos inmemoriables se transmitían de xeración en xeración,  vense agora ameazados pola falta de revelo xeracional e os drásticos cambios na forma da vida da xente nos últimos 50 anos. O acto contou coa presencia da  presidenta da Deputación, Carmela Silva e do deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez.
Segundo Benítez, esta é unha das accións “máis bonitas e simbólicas” enmarcadas dentro do proxecto Smart Minho que desenvolve a Deputación co cofinanciamento do 75% do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O obxectivo é documentar estes coñecementos intanxibles, “que son a base da nosa cultura e identidade”, pólos en valor e transmitilos evitando así a súa desaparición. Para iso realizouse un traballo de campo de máis dun ano xunto coa asociación Ponte... nas Ondas! que entrevistou persoas do territorio miñoto galego portugués, a maioría delas de máis de 70 anos. As entrevistas foron gravadas e documentadas. Nesta mesma liña, Benítez anunciou que en 2020 realizaranse actividades lúdicas e educativas relacionadas cos tesouros humanos vivos en escolas, editaremos un libro infantil, organizarase unha exposición itinerante e haberá un acto homenaxe a todos os “tesouros humanos vivos” que forman parte do proxecto”. 
Por último, Carmela Silva destacou que proxectos como “Tesouros Humanos Vivos” son “fundamentais para que poidamos transmitir e seguir vivo todo ese coñecemento ancestral e que amais nos fai ter máis recursos para facer fronte aos novos retos”. Silva fixo fincapé en que o patrimonio inmaterial “está maiormente nas mans das mulleres, porque vivimos máis anos”. Recalcou que Smart Minho “fala de dous países, e un pobo”. 

Más en A. Metropolitana
Comentarios