Músicos guardeses que progresan adecuamente

Cuadro de profesores del Conservatorio Elemental.
Unhas 230 persoas congregáronse no Festival de Nadal do Conservatorio Elemental de Música da Guarda, no Centro Cultural.

Como xa é tradicional foron os propios alumnos deste centro os que presentaron o concerto e deron paso aos seus compañeiros na correspondente quenda de actuacións, que principiou cos alumnos de Preparatorio, para seguir con Educación Auditiva e Vogal, Guitarra Clásica, Guitarra Eléctrica, pasando por Violín, Piano, Vento Madeira e Vento Metal e rematar con Gaita Galega.
No variado repertorio houbo desde interpretacións de composicións clásicas, pasando pola música tradicional e popular, e, como non podía ser doutro modo nestas datas, polos villancicos.
Rematado o Festival a ANPA sorteou distintas cestas de produtos diversos entre os asistentes que mercaron rifas a cambio dun donativo de un euro que se destina ás actividades e material que a AMPA adquire para beneficio dos xoves músicos.

Te puede interesar