Os máis pequeños de Nigrán aprenden a coidar a auga

O alcalde entregou o premio áfinalista do CPI Panxón.
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, xunto coa concelleira de Educación e Persoal, Ana Rosa Costas Abalde, e a Xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron onte entrega dos premios do IX Concurso Internacional de Debuxo Infantil de Aqualia.
As finalistas de toda España, unha alumna do colexio Estudio e outra do C.P.I. de Panxón, ambas cursando 5º de Primaria, recibiron un maletín de pinturas de Imaginarium.
O concurso está dirixido a todos aqueles alumnos de 3º e 4º de primaria dos municipios nos que Aqualia xestiona o ciclo da auga. O obxectivo desta actividade é concienciar aos máis pequenos da importancia de coidar a auga, un ben natural caro, prezado e escaso en moitos puntos do globo. Os traballos presentados polos participantes versaron sobre as ideas que os nenos teñen para coñecer mellor e coidar a auga.
O alcalde de Nigrán felicitou a iniciativa de Aqualia, subliñando a necesidade de educar aos máis pequenos no uso e consumo da auga. “A mellor medida para o control do consumo da auga é sen dúbida a educación no mesmo”, observou Valverde. Así mesmo, agradeceu ao resto do alumnado a súa participación no concurso.

Papá Noeles Surfeiros
Por outra banda, es venres está previsto que se celebre na praia de Patos a tradicional xornada de Papá Noeles Surfeiros. O Patos Surf, en colaboración co Concello de Nigrán, ofrecerá unha xornada de portas abertas a partir das ocne da mañá, que irá acompañada por unha particular sesión surfeira na que todos os deportistas da praia de Patos irán vestidos de Papá Noel. A organización ofrece vestimenta gratuita a todos os participantes.



Te puede interesar