área metropolitana

Lídia Senra comprométese en Cangas a traballar pola pesca

A eurodiputada Lídia Senra durante a súa visita á lonxa de Cangas.
photo_camera A eurodiputada Lídia Senra durante a súa visita á lonxa de Cangas.

A eurodiputada visitou a lonxa e criticou a modificación do Reglamento de control na UE

A A eurodeputada e candidata de En Marea-Compromiso por Europa, Lídia Senra, comprometeuse a seguir defendendo na próxima lexislatura que a Comisión Europea retire a súa proposta para modificar o regulamento de control da pesca. Lidia Senra visitou onte Cangas, municipio no que aproveitou para repartir información electoral no porto pesqueiro coincidindo coa chegada do mar das persoas do sector que traballan neste lugar. Acompañada por integrantes de Alternativa Canguesa de Esquerdas, a eurodeputada explicou que, durante este mandato, realizou o seguimento deste documento desde o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica, na Comisión de Pesca. "A Comisión de Pesca non chegou a fixar aínda a súa posición e nós seguiremos traballando no próximo mandato para que se retire esta proposta de modificación, porque supón engadir novas trabas para a pesca artesanal e a pequena escala", asegurou Senra, que considera que a normativa implicará "un aumento grande da burocratización" que "os pequenos barcos non teñen capacidade para asumir".
Así mesmo, a candidata comprometeuse a "seguir dando a batalla" para que a Comisión Europea implemente medidas que fagan cumprir a resolución do Parlamento Europeo adoptada neste mandato e na que, a proposta dela mesma, introduciuse a exclusión de TACs e cotas da pesca artesanal accidental en augas interiores. Así, subliñou que "a repartición xusta e equitativa" das cotas pesqueiras seguirá sendo unha das súas principais liñas de actuación.
Ademais, a eurodiputada defendeu a necesidade de establecer medidas que terminen coa discriminación laboral das mulleres no sector da pesca, polo que reclamou a subida do coeficiente reductor ao 0,3 para todos os colectivos que están por baixo, coma no caso das redeiras. n

Te puede interesar