“Os Bolechas” celebran os 50 anos do IES Pino Manso

Lourdes Moure e Juan Aguilar, na presentación, onte, do novo libro de “Os Bolechas”.
photo_camera Lourdes Moure e Juan Aguilar, na presentación, onte, do novo libro de “Os Bolechas”.

O centro de ensino é o escenario dunha nova aventura da familia de debuxos que se recolle nun libro presentado onte no Porriño

 A concelleira de Educación de O Porriño, Lourdes Moure, e o director do IES Pino Mano, Juan Aguilar, presentaron o novo libro de “Os Bolechas” adicado ao 50 aniversario do instituto, que o centro está a conmemorar durante todo este curso 2016-2017.
“Os Bolechas van ao aniversario do Pino Manso” foi promovido polo Concello de O Porriño que, como salientou a concelleira de Educación, quixo facer deste xeito “unha homenaxe a un instituto no que estudaron, e estudamos, varias xeracións non so de porriñeses, senón de veciñas e veciños de Ponteareas, Tui, Salceda, Arbo, As Neves, Mondariz, mesmo A Cañiza”. O libro relata a experiencia de antigos profesores e estudantes do centro que fan un repaso ao que aconteceu no mesmo dende súa apertura en 1966 e coma o seu desenvolvemento foi parello ao da economía, a poboación, o deporte ou a industria, de xeito que “pasou a formar parte da historia mesma do Porriño e dos seus habitantes”, engadiu Lourdes Moure.
Este ‘cómic’ dos Bolechas, “que é único e representa unha novidade na produción editorial destes coñecidos personaxes” creados por Pepe Carreiro, súmase aos actos, iniciativas e actividades que se están a programar para celebrar o medio século do Pino Manso, coma a exposición “De viaxe polo tempo en tren”, promovida tamén polo Concello e que está aberta na Biblioteca Municipal dende o pasado 16 de decembro e ata o 18 deste mes de xaneiro. n

Te puede interesar