BAIXO MIÑO

O BNG mantén o pulso ao PSOE na Guarda

O tenente alcalde e concelleiro de Mobilidade de A Guarda, Anxo Baz (BNG).
photo_camera O tenente alcalde e concelleiro de Mobilidade de A Guarda, Anxo Baz (BNG).
O goberno en coalición pende dun fío polas obras en Concepción Arenal
n n n  As obras de peonalización previstas para a rúa Concepción Arenal continúan a ser a causa de discrepancias no seo do goberno municipal da Guarda. PSOE e BNG, socios en coalición tras acadar cinco ediles cada un nas pasadas eleccións xerais, mantiveron unha reunión o pasado mércores para abordar estas diferenzas que levaron aos nacionalistas a recordarlle durante o último pleno celebrado ao alcalde Antonio Lomba que se non se respectaban as súas consideracións –as competencias sobre Mobilidade son responsabilidade do concelleiro nacionalista e tenente alcalde Anxo Baz– o pacto de goberno podería quedar roto. “Nesa última reunión que mantivemos quedou novamente claro o xa visto no pleno. O alcalde ten as mismas consideracións sobre o proxecto que o Partido Popular”, indicou Baz. A este respecto, o concelleiro de Mobilidade da Guarda pide ao rexidor que “non desacredite o noso traballo, xa que son as competencias do BNG” e recorda que “se goberna o señor Lomba e grazas ao apoio do Bloque, pero non imos ser muleta de ningún goberno, xa que dende o primeiro momento prometimos un cambio para A Guarda e unha aposta clara por este novo modelo de mobilidade que devolva os espazos públicos á veciñanza”.
As obras para converter a rúa Concepción Arenal en vía de paso prioritario para peatóns está a resultar un importante problema para a actual goberno municipal guardés. Mentres que os socialistas queren manter a circulación de vehículos nun único carril, o BNG aposta por usos máis reducidos para os automóviles, cun predominio claro dos espazos adicados aos peatóns. “As obras estánse dilatando demasiado por estas discrepancias e debemos tomar decisións o antes posible”, recoñeceu o tenente alcalde, quen asegurou que “o futuro do goberno municipal é unha cuestión que debe respostar Antonio Lomba, se quere gobernar con nós ou ben buscar socios cos que esté dacordo neste asunto, aínda que teña que mirar cara a súa dereita –en refencia ao PP–”. Anxo Baz prefire ser cauto con respecto a unha posible ruptura da coalición na Guarda, deixando a “pelota sobre o tellado” de Lomba. n

Te puede interesar