Que plans facer este venres, 17 de maio, en Vigo?

Agenda de Vigo.
photo_camera Axenda de Vigo.

A celebración das Letras Galegas espállase polos barrios de Vigo

A Real Academia Galega adica o 17 de maio, Día das Letras Galegas, á coruñesa Luisa Villalta e en Vigo esta efeméride celebrarase nos barrios da cidade a través da arte e da música. Para comezar, como cada 17 de maio, a praza de abastos do Calvario volverá encherse de obras de arte tales como pintura, ilustración, cerámica, téxtil, xoiería ou serigrafía de 11 a 20 horas cunha nova edición do mercado ARTE, que acollerá a máis de 80 expositores de toda Galicia.

Xa pola tarde, ás 18,30, no Centro Veciñal e Cultural de Valadares efectuarase a entrega de premios aos finalistas dos concursos escolares de traballos de artes plásticas e relatos relacionados con Luisa Villalta que estará seguido dun concerto da cantautora cambadesa Pauliña.

Por último, no Centro Social A Revolta do Berbés proxectarase o documental “Aprender na Língua Própria” ás 19 horas.

PÁLIDA INAUGURA O FURIOSA FEST NA SALA KOMINSKY

O Furiosa Fest comeza hoxe na Sala Kominsky con Pálida, o proxecto musical de José Garnelo, que actuará ás 22 horas. Ás 20, en Tinta Negra, haberá unha mesa redonda sobre música electrónica.

O GARCÍA BARBÓN ACOLLE A OBRA “SEÑORITA XULIA”

A obra “1888. Señorita Xulia” chega hoxe ás 20,30 horas ao Teatro García Barbón. Trátase dunha versión rompedora e un éxito da crítica do clásico de Austin Strindberg.

‘VIGO MUNDO XOGO’ CHEGA Á PORTA DO SOL

De 11 a 13,30 horas pola mañá e de 16,30 a 20,30 pola tarde, “Vigo Mundo Xogo”, coas franquías infantís de Piratix e Superthings, abre as súas portas hoxe en Porta do Sol. 

Te puede interesar