Podcast 'Quero ser investigadora' da UVigo | Inmaculada Anaya e Xanel Vecino

Inmaculada Anaya e Xanel Vecino. // Rubén Iglesias
photo_camera Inmaculada Anaya e Xanel Vecino. // Rubén Iglesias
Inmaculada Anaya e Xanel Vecino son dúas investigadoras da UVigo protagonistas do cuarto volume do catálogo 'Quero ser investigadora'

A Universidade de Vigo acaba de publicar un novo volume, o cuarto xa, do catálogo 'Quero ser investigadora'. Esta publicación, financiada pola FECYT, forma parte das actividades do plan de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades 2023/2024 da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo.

Nesta cuarta edición, ilustrada por Laura Antelo Gómez, difúndese a historia de dez novas referentes. Elas son Inmaculada Anaya Revuelta, Marta Conde Sieira, Laura Docío Fernández, Herminia Domínguez González, Ana Belén Fernández Souto, María Dolores Garza Gil, Águeda Gutiérrez Sánchez, Elena Martín Ortega, Isabel Mociño González e Xanel Vecino Bello.

 

Hoxe acompáñannos dúas delas nun espazo radiofónico que nomeamos co nome deste catálogo: 'Quero ser investigadora'. Son Inmaculada Anaya Revuelta, profesora titular de Lingua Española no Departamento de Lingua Española da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo. Inmaculada tamén pertence ao grupo de investigación Gramática e Léxico e colabora coa Real Academia da Lingua Española no Diccionario Histórico da Lingua Española e con Manuel Campo Vidal na Escola Next Educación. As suas liñas de investigación son a lexicografía, a análise do discurso e a comunicación oral e escrita.

E tamén está con nós Xanel Vecino Bello, docente e investigadora no departamento de Enxeñaría Química da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo. O seu traballo de investigación no grupo de Enxeñaría Química (EQ10) do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX) céntrase na revalorización e transformación sustentable de residuos e materias primas secundarias en produtos de valor engadido.

Te puede interesar