Opinión

UNHA VOLTA POLO MEDIO... (E III)

Rievocare; ne pas oublier: pasean os mortos polas rúas aderezadas ou adobiadas de mómaros e 'merdeiros' da ribeira de Vigo que cantou Martin Codax, e-no sagrado de vila; pero Anxo Angueira evocou Vigo, fóra do sagrado, revolucionario e marxista, nós-outros, para aquí e para alá de Camelias Street, a luz oblicua do último outono, adherida ás múltiplas facianas deste inverno que nos transita, cando xa a noite cae insubmisa riba do día, recorda, graver dans la mémoire, cal un tempo de amendoeiros en marzo, de flores brancas e outras rosadas, que non lle acae mal o verso libre a esta columna tanto canto estremecida como decote indignada, pero non institucionalizada pola estulticia da mediocridade e a vulgaridade, tan afín a@s que teñen alma de ladróns, os tafures dos máis de mil mississippi river da vida e da morte, alcaiotes sempre coas cartas marcadas, trinidade de áses na pútrida social-democracia ou liberalismo, xamais socialismo real e revolucionario? Que máis dá agora o PP, ou o refugallo inmundo do que foi e xa non é PSOE, ou ese pequeno burgués disfrazado, indecente e infame do proletario que ignora, unha aceda purrela con patética lapela da denominación de orixe? Que non hai peor xordo que o que non quere oír/ouvir; nin peores cegos que aqueles que se negan a ver, a admitir a podremia que os embaza, esgaza, aliena, escraviza. Érguete e camiña, díxolle o nazareno ao miserábel de Lázaro antes de o levar á tortura e ao lazarío coa aquiescencia do poncio, hoxe delegado ou subdelegado do Estado hexemónico e totalitario español, plural e non plurinacional como deixou o PP no seu último congreso? Que estraña coincidencia a nosa, non é? Que é, xa que logo, a autonomía galega que dirixe o señor Núñez Feijóo? (O til ou a dualidada vogal é agora un luxo innecesario, case obsceno) A recidiva fascista dos herdeiros do xeneral Franco fala dunha 'pluralidade' tan mesquiña como ruín: o mapa da España cañí, feiras, festas e romarías aquí, co defunto de Fraga Iribarne entre arcanxos e gaiteiros, bébedos de luz encegadora e folclorismo enfermizo, de 'apalpadores' e aduaneiros ao chou. Castelao sen saír das 'cousas, da vida', da Hespaña aínda vixente que o fixo fuxir do terror e recibir sartego na Chacarita, agora, como Rosalía e outros, no Panteón de Galegos Ilustres, un delito de apropiación indebida que xamais prescribirá, como non precribe a vergoña e a indecencia de facermos vivir así, os 'españois' que eles defenden, ai!- maioría infinda, por debaixo do mal chamado 'salario mínimo interprofisional'. E unha señora escribindo un libro no que conta a soedade da raíña de España; e os desvelos e outras penas dos grandes espoliadores da riqueza de tod@s. 'Hoxe é un gran día para Galicia' ?dixo a escrava á metenta cando a fusión en quente (ou en frío). O medo, sempre o medo para xustificar a infamia. Aymerich, home de vontade e de dereito administrativo, fica no BNG. Nos irmandiños, xa se dixo, Beiras, vello amigo, dalle acubillo á torpeza, aos mercaderes.


Cal podería ser agora, na UE, o soldo do traidor? Saiban uns e outras que Galiza non se vende. Abran, se queren, os ollos aqueles cegos que dixemos.


De Bonaval non veño, miña entrañábel amiga Luz Pozo Garza; de Bonaval non veño, cara Teresa Moure. 'Para que tu me oigas/mis palabras/se adelgazan a ves/como las huellas de las gaviotas en las playas'. Neruda foi sempre o poeta comunista. Como a reacción española non se decata que tamén esta incursa no mesmo delito de apropiación indebida?

Te puede interesar