Opinión

Una clase media "reconvertida"

Logo da “brillante xestión” dos recursos públicos nos últimos tempos, cada español do montón (non os de Panamá) debemos 23.332,44 euros pola nosa débeda pública, un 4,8% máis que fai un ano, segundo os datos do Fondo Monetario Internacional. Unha débeda pública que en total, a día de hoxe, alcanzou os 1,082 billóns de euros, o 98,6% do PIB. Desta forma, no último ano a débeda de todos creceu un 5% en taxa interanual, pouca cousa, imos.
Mentres, a nosa clase media minguou máis que considerablemente, en tres millóns de persoas para ser concreto .Fai unha década, o 59% da poboación pertencía a familias con niveis de renda intermedios, pero trala crise, este segmento redúcese máis que notablemente, mentres o sector de poboación con menos recursos, crece ao 39%, segundo os datos da Fundación BBVA e do estudo Distribución da renda, crise económica e políticas redistributivas.
E segundo este estudo, e analizando un escenario de recuperación económica (cando se produza na economía real) espérase un trasvase da clase baixa á media, aínda que consideran que será un proceso lento,xa que coa precariedad laboral existente só increméntase a desigualdade.
Desigualdade amortiguada nun 46%, polo sistema de pensións, que permitiu que moitos núcleos familiares sen traballo teñan un ingreso. Pero non só as familias seguen sufrindo neste contexto económico social, tamén unha boa parte das empresas, incluso as que son punta de lanza e que se dedican á innovación en materia tecnolóxica. Así se debe recordar, sobre todo a aqueles políticos que falan constantemente de I+D+I, que Galicia perdeu o 60% destas empresas, ao pasar das 2502 que había no ano 2005 ás 997 de fai uns meses.
E dicir tamén que Galicia, cun 25,82% de empresas innovadoras, está por baixo da media nacional que e  do 28,57% neste aspecto. Non entanto, en función do tipo de innovación, as tecnolóxicas móvense en porcentaxes similares ao promedio estatal, mentres que as non tecnolóxicas, o 19,86%, colócanse case catro puntos por baixo da media 23,3%, o que pon de manifesto as carencias da comunidade neste aspecto.
Ralentización que tamén constatamos na creación de novas pemes no conxunto do país, e que se sitúan en 1.470.302.
Esta ralentización débese, entre outros factores, á falta de certeza política e económica pola ausencia de acordo entre as forzas políticas, que levou a que non haxa pacto de investidura, que siga o mesmo goberno en funcións e que se teña que volver a eleccións o 26-J.
Pero as pemes tamén crecen menos. Así as empresas cun só traballador creceron só un 1,1% en marzo, mentres que as pemes con dous a cinco empregados fixérono un 1,9%, e as novas empresas con 6 a 50 traballadores subiron un 4,1%. En tanto, as empresas de maior tamaño, de 51 a 100 traballadores, de 101 a 500 e de máis de 500, aumentaron un 2,8%, 1,9% e 2,3%, respectivamente. Esta é a nosa realidade real a día de hoxe e non o escenario virtual que algúns nos queren facer ver.
 

Te puede interesar