b1Atlántico Diario de la A a la Zb2Buscar en Atlántico Diariob3
Máx.: 13ºC
Mín.: 9ºC
Actual:
17ºC
Galerías
Encuestas
¿Cree que la reforma financiera aprobada por el Gobierno será la definitiva?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.

A primeira biblioteca de barrio, no Calvario, chamarase Neira Vilas

Compartir en:
redaccion - vigo - 03-03-2010

O centro, que abrirá tralo verán, conta con 74 postos de lectura e tres salas

Santi Domínguez e Xesus López visitaron onte as instalacións da nova biblioteca de Martínez Garrido.
Santi Domínguez e Xesus López visitaron onte as instalacións da nova biblioteca de Martínez Garrido.

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou onte que a primeira biblioteca municipal de barrio da cidade será unha homenaxe ao escritor Xosé Neira Vilas, xa que levará o seu nome. Asemade anunciou que o escritor Xosé Neira Vilas aceptou estar presente no acto de inauguración: ‘Un libro que estará seguro entre os fondos da biblioteca será ’Memorias dun neno galego’, unha obra trascendental da literatura’, apuntou Domínguez en referencia á principal novela de Neira Vilas. O nacionalista subliñou, na visita que xunto ao concelleiro de Cultura, Xesus López, realizou a esta nova dotación, ubicada na rúa Martínez Garrido, que ademais de contribuir a paliar a carencia de postos de lectura que hai en Vigo, o centro exercerá como un elemento fundamental para a dinamización do barrio. Domínguez salientou que a nova biblioteca é a primeira da rede de bibliotecas municipais que está poñendo en marcha a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura. Asemade, expresou a súa confianza de que estea ‘a pleno rendimento co novo curso escolar’, unha vez que se complete a dotación de mobiliario e fondos. A nova dotación contará con 74 postos de lectura e tres salas de usos específicos. O orzamento global é de 1.200.000 euros, dos que 527.000 euros se destinaron á obra e 180.000 euros á adquisición de parte dos locais, mentres que o resto será destinado á adquisición de mobiliario e fondos. Esta última fase iniciarase con cargo aos orzamentos municipais e se iniciará en canto estes estean definitivamente aprobados. Domínguez aproveitou para agradecer a colaboración da asociación veciñal de O Calvario.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 15 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Palabras relacionadas: bibliotecabarriocalvario