Martes 22 de mayo de 2012
última actualización: 13:51
última actualización: 13:51
Última hora:
O Sr. Rueda e o seu partido, o PP, acaban de quedar retratados vergonzantemente e á vista de todos os habitantes da nosa cidade nun asunto tan delicado e espiñento como a adxudicación dun novo Xulgado do Mercantil na provincia de Pontevedra.
Por non querer quedar mal diante dos seus posibles votantes da aínda capital de provincia, Pontevedra, elude pronunciarse sobre a quen se lle debe conceder. A necesidade acuciante que ten a cidade de Vigo dese Xulgado do Mercantil fai que se vexa dunha vez por todas a quen defende este señor e, por elevación, o seu partido. Sabendo como sabe todo o mundo que o 80% dos casos xulgados nesta provincia pertencen a Vigo e ás súas comarcas, cómo se atreve este impresentable a quedar calado. É que pensa que a xente é parva e non se lembrará destas cousas cando chegue a hora de votar? Sr. Ruedas, amigo do señor da ‘crisi’, cando se darán conta Vdes. de que non se pode ir contra a cidade motor de Galicia? Ou é que verdadeiramente cre Vde. que Pontevedra-aínda-capital necesita máis ese xulgado? Se é así será mellor que veña algún día polos xulgados de Vigo e o vexa por si mesmo se é que ninguén do seu partido llo fai ver dunha santa vez.