Martes 22 de mayo de 2012
última actualización: 13:51
última actualización: 13:51
Última hora:
O 31 de agosto asasinaron outra muller. Chamábase Laura e era de Ourense. Cando Laura estaba viva tiña paixóns, segredos, encontros e desencontros, amigos/as, amores... estaba viva.
Agora está morta, pero as mortas teñen dereitos. Laura ten dereito á honra, ó respecto, á privacidade, o descanso, a que o seu executor cargue con todo o peso da lei. Laura foi asasinada. Un tal Javier, do seu mismo pobo, apretou a súa gorxa o tempo suficiente, para quitarlle a vida por asfixia. A xuiza fala de homicidio ‘casual’. Non entendemos qué casualidades contempla a xustiza que poidan atenuar a magnitude dun acto de terrorismo machista que se salda coa morte dunha persoa: Laura Alonso. A coordinadora local de Ourense da Marcah Mundial das Mulleres, esixe respeto á memoria de Laura e que Javier pague o seu crime como corresponde a un asasinato.