b1Atlántico Diario de la A a la Zb2Buscar en Atlántico Diariob3
Galerías
Encuestas
¿Cree que los partidos alcanzarán un pacto contra la crisis?
  
Si
  
Si. Sin el PP
  
No

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.

Letras de Liberdade

Tiempo estimado de lectura: 3 min 00 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Noticia enviada por Erasmo - Vigo - 13-05-2009

Para instalarmonos en galego cómpre Liberdade.

As Letras da Liberdade
As Letras da Liberdade

Vexo con preocupación aos analistas políticos facendo cábalas sobre futuros incertos, e quixera ter algunha certeza sobre o futuro da nosa terra e da nosa lingua e da nosa cultura... que algúns quixeran matar de morte ben matada.

Sempre tiven a idea de que para facer ben as cousas comprían medios materiais e despois homes e mulleres dispostas á tarefa.... e se acaso, que outros viñeran atrás no tempo que seguiran o camiño que aqueles iniciaron sen saber a onde chegarían...

Seica é tempo de poñer os medios materiais alí onde máis se precisan, se queremos un ensino en galego compre incentivar a competencia lingüística de calidade entre o profesorado que voluntariamente desexe impartir aulas en galego normativo: esto non é ningún capricho, pois nos últimos tempos estamos a asistir a un sinnúmero de normas ortográficas e fonéticas que só capa de defensas políticas da lingua o único que fan é confundir aínda máis ós futuros usuarios da mesma.

Nación, nazón, naçóm, nação... de cantos Breogáns?

Cando os homes e mulleres do ensino superen os actuais parámetros normativos deste galego do século vinteún... poderán impartir aulas nel, e facelo coa calidade requerida e seren por elo xustamente remunerados co Complemento Lingüístico Galego (60 €uros brutos ó mes sería o mínimo amor pola lingua que poderíamos mostrar); pois parece claro que unha lingua NON se fala por Decreto.

E sobre todo parece necesario zanxar a triste polémica que fai da lingua galega motivo de enfrontamento político sen ser causa que separe a ninguén na nosa sociedade.

A liberdade de elección por parte dos mestres permitirá unha cordialidade lingüística na sustitución xeracional da diglosia polo bilingüismo competencial. Entendemos que calquera falante de calquera lingua o será cando sexa quen de empregala con garantías de se expresar coa debida soltura e dignidade coma para sentirse instalado en galego.



Este é un concepto que deberamos valorar debidamente na cuestión lingüística: ‘instalarmonos en galego’ non é só falar galego ou falar en algo semellante ó galego, é algo máis, é sentir e pensar o galego coma o noso elemento vital de desenvolvemento afectivo e de coñecemento intelectual.

Tal instalación só é posible dende a total liberdade do suxeito, cuxa vontade fará posible levar a lingua galega ás mellores cotas de desenvolvemento soñadas por filólogos agoreiros dunha morte da lingua que xamais tivo os coidados que precisaba para se espallar con garantías de cualidade entre neofalantes e xeracións de reposición que terán nas súas máns unha ferramenta de futuro máis aló dunha bandeira independentista.

Só desvinculando a lingua galega da política (como actividade partidaria é sempre sectaria en certa medida e polo tanto excluínte) teremos un futuro cheo de esperanza para o galego e a súa cultura.

Calquera estratexia de enfrontamento lingüístico está condeada ó fracaso, aínda que lamentablemente terá réditos electorais a curto e medio prazo e, polo tanto, serán alentadas polos partidarios dun e doutro signo político coma elementos de confrontación social que non resolverán xamais o futuro lingüístico e cultural común desta Nación.

Sexa este 17 de maio o día dunha nova instalación lingüística que aproveite o sentido común e as novas tecnoloxías para remortar tan alto coma algúns nunca soñaron...

Esquecendo as miopes políticas lingüísticas seremos quen de chegar a formular unha lingua confesional, e é ben sabido que no eido das conciencias non hai lexislación que valga, nin maiorías nin minorías parlamentares que impoñan nada a ninguén...

O final a Nación estará nas mans e nos corazóns das xentes do común que é o único lugar nobre onde aniñan os paxaros do porvir...

O resto sonche Cónclaves!


Saúde e Liberdade para o meu pobo...!

Tiempo estimado de lectura: 3 min 00 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Leído 429 veces / Comentarios: 0
Palabras relacionadas: GalegoLingua
Comentarios
Escribe tu comentario


Nombre:
Correo electrónico:
Comentario:

Para citar otro comentario escribe # y el número del comentario (sin espacio entre ambos), por ejemplo #1.
ATENCIÓN: Al enviar un comentario se acepta las condiciones de uso