última actualización: 09:36
Vai facer 4 anos dende que aprobei a oposición ó Corpo Administrativo do Estado e sigo estando no Corpo Xeral Auxiliar de Administración do Estado; claro que esta situación só a padezo eu por pertencer a Consellería de Medio Rural, e digo ben, porque todos os demáis funcionarios que foron conmigo á mesma oposición, a todos se lles recoñeceu o pase ó grupo C, a través de libres designación e adscripción provisional.
Ahora ben, hai certas posibilidades administrativas que só se teñen en conta para algunhos, para outros non porque pode que adquiramos moita categoría e teñamos que cobrar máis cartos. Resulta que o feito de levar 36 anos traballando para Administración Pública tampouco serve para nada cando se é funcionario, só vale para algunhos interinos os que hai que aprobar e facerlles os simulacros de exame. ¡Señores dos sindicatos!, non fagan coma a avestruz, ¿cómo se poden facer acordos totalmente atípicos coa administración? Como é o de brindar as xefaturas de negociado só para persoal da Xunta, cando en realidade saben que non é así. ¿Por qué non se abren esos postos a funcionarios de todas as administracións? ¿Por qué condean a funcionarios a ter que xubilarse en grupos inferiores cando o podiamos facer noutros superiores? Resulta que agora favorecen á administración en detrimento dos seus traballadores. Isto que estou dicindo, por si non o entenden, podemos aclaralo cando gusten.