Jueves 18 de marzo de 2010
última actualización: 08:48
última actualización: 08:48
Última hora:
Marcelino Fernández Mallo presentou na Galería Sargadelos xunto a María Reimóndez a súa novela ’A Trenza’, a súa segunda incursión na narrativa trala colección de relatos ’Cabiria’ en 2005. Home de Economía como ciencia social, Fernández Mallo pecha o círculo iniciado coa novela social en ’A Trenza’ comprometéndose coa solidariedade e a lingua.

Escritor e economista , é director da banca virtual de Caixa Galicia, Fernández Mallo fala complacido de ’A Trenza’, que ’é tamén unha homenaxe sentida e consciente ó galego, unha lingua feble que é un código de emitir sentimentos’. Con ela sufriu e disfrutou, ’segundo se mire’ un proceso de contínua análise crítica que non coñeceu no relato.
Ante que historia nos atopamos?
’A Trenza’ é una historia contemporánea de personaxes contemporáneas, cun perfil que encaixa co que chamamos normalidade (un funcionario da Xunta, unha abogada, unha azafata). Furgando nas súas vidas atopamos conflictos persoais que se multiplican cada vez que se atopan, provocando unha catárse que produce un xiro nas súas vidas, que teñen pequenos meandros con nós e cruzamentos, a trenza.
Parte da novela transcorre no cárcere. Pensa que ese trasfondo social difícil pode botar atrás a parte dos lectores?
A resposta a esta pregunta é a chave. Vivimos alleos a una realidade que descoñecemos e que, en moitos casos, non nos interesa coñecer. Fóra desa contorna normal, hai persoas en marxinalidade que son coma min e coma ti, e a todos nos pode ocorrer. Por iso, é certo que a historia pode afastar ó lector acomodaticio. Un dos riscos inherentes á persoa é a solidariedade e diso é do que trata a novela.
Dedicará o 8% dos beneficios á OGN Implicadas no Desenvolvemento.
Sí, é parte do fondo social da historia. Implicadas é a pri meira ONG propiamente galega que traballa no desenvolvemento de países con necesidades. Enteiramente galega ten un compromiso forte coa lingua e tamén co feminino, que tamén algo diso hai na novela. Dedicar os beneficios a esta causa pecha un círculo que empezou na propia redacción. Para mín é un exercizo de coherencia.