b1Atlántico Diario de la A a la Zb2Buscar en Atlántico Diariob3
Máx.: 13ºC
Mín.: 3ºC
Actual:
13ºC
Galerías
Encuestas
¿Qué le parece la sanción impuesta a Cristiano Ronaldo?
  
Es justa
  
Es insuficiente
  
No merecía ninguna sanción

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.
MARCELINO FERNÁNDEZ MALLO economista y escritor

’Dar parte dos beneficios a unha causa social é coherente coa novela’

Tiempo estimado de lectura: 2 min 30 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
SYLVIA G.SABORIDO - vigo - 17-09-2008

Marcelino Fernández Mallo presentou na Galería Sargadelos xunto a María Reimóndez a súa novela ’A Trenza’, a súa segunda incursión na narrativa trala colección de relatos ’Cabiria’ en 2005. Home de Economía como ciencia social, Fernández Mallo pecha o círculo iniciado coa novela social en ’A Trenza’ comprometéndose coa solidariedade e a lingua.

Marcelino Fernández Mallo, onte na Galería Sargadelos. foto: j.v.landin.
Marcelino Fernández Mallo, onte na Galería Sargadelos. foto: j.v.landin.

Escritor e economista , é director da banca virtual de Caixa Galicia, Fernández Mallo fala complacido de ’A Trenza’, que ’é tamén unha homenaxe sentida e consciente ó galego, unha lingua feble que é un código de emitir sentimentos’. Con ela sufriu e disfrutou, ’segundo se mire’ un proceso de contínua análise crítica que non coñeceu no relato.

Ante que historia nos atopamos?
’A Trenza’ é una historia contemporánea de personaxes contemporáneas, cun perfil que encaixa co que chamamos normalidade (un funcionario da Xunta, unha abogada, unha azafata). Furgando nas súas vidas atopamos conflictos persoais que se multiplican cada vez que se atopan, provocando unha catárse que produce un xiro nas súas vidas, que teñen pequenos meandros con nós e cruzamentos, a trenza.

Parte da novela transcorre no cárcere. Pensa que ese trasfondo social difícil pode botar atrás a parte dos lectores?
A resposta a esta pregunta é a chave. Vivimos alleos a una realidade que descoñecemos e que, en moitos casos, non nos interesa coñecer. Fóra desa contorna normal, hai persoas en marxinalidade que son coma min e coma ti, e a todos nos pode ocorrer. Por iso, é certo que a historia pode afastar ó lector acomodaticio. Un dos riscos inherentes á persoa é a solidariedade e diso é do que trata a novela.

Dedicará o 8% dos beneficios á OGN Implicadas no Desenvolvemento.
Sí, é parte do fondo social da historia. Implicadas é a pri meira ONG propiamente galega que traballa no desenvolvemento de países con necesidades. Enteiramente galega ten un compromiso forte coa lingua e tamén co feminino, que tamén algo diso hai na novela. Dedicar os beneficios a esta causa pecha un círculo que empezou na propia redacción. Para mín é un exercizo de coherencia.



De onde parte a necesidade do blog, no que pendurou o primeiro capítulo da novela?
O blog ten dous obxectivos importantes. O primeiro é a transparencia e a honestidade fronte ó lector dándolle una parte da novela de acceso libre para que saiba o que hai detrás. E, por outra banda, a literatura acostuma ser un exercizo unidireccional. Co blog faise un camino bidireccional: o lector pode interactuar co escritor, facerlle consultas ou suxestións, existe a comunicación.

E como vai ese proceso até o de agora?
Chámame a atención as interpretacións dos internautas, que por certo, son case todas mulleres. Para unha, o verdadeiro protagonista era un personaxe secundario para min. Tamén me preguntan por que hai personaxes que desaparecen entre as dúas partes, o que me da a oportunidade de explicarles unha das chaves da historia.

Como se levan os ’marcelinos’ economista e escritor?
A faciana é a mesma, porque a Economía ten unha faceta humana: é una ciencia social debería desenvolverse para beneficio humano. Agora ben, hai unha evolución cara ó neoliberalismo que foxe dos valores humanos. A literatura complementa esta faceta humana.


Tiempo estimado de lectura: 2 min 30 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Leído 388 veces / Comentarios: 0
Palabras relacionadas: beneficioscausasocial
Comentarios
Escribe tu comentario


Nombre:
Correo electrónico:
Comentario:

Para citar otro comentario escribe # y el número del comentario (sin espacio entre ambos), por ejemplo #1.
ATENCIÓN: Al enviar un comentario se acepta las condiciones de uso