b1Atlántico Diario de la A a la Zb2Buscar en Atlántico Diariob3
Galerías
Encuestas
¿Cree que se construirá el Auditorio de Beiramar?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.

Galegos e galegas, somos Todos !

Hainos ben sinvergüenzas oh…!
Tiempo estimado de lectura: 3 min 30 seg Comentarios: 2 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Noticia enviada por Erasmo - - 24-07-2008

Unha resposta urxente ó Manifesto a prol da Convivencia Lingüística e da Igualdade de Dereitos para o Galego: mentras tanto ós galegos e galegas que lles dean…!!!

Os discriminados... pobriños.
Os discriminados... pobriños.

Veñen a rompernos a cabeza con outro manifesto mintirán: disque queren a Convivencia, os mesmos que levan máis dun ano perseguindo ós galegos e galegas que non queremos someternos ás súas IMPOSICIÓNS LINGÜÍSTICAS por Decreto!

Compre botarlle rostro e ser fachendosos virando a realidade e víndonos a chorar coma mixiricas con frases como esta: “vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia”, ¿como se pode dicir tal cousa cando foron eles quenes pescudaron os nomes de profesores que impartían aulas en castelán para denuncialos ante a Inspección educativa (queréndose convertir eles mesmos inspectores e xuíces)? ¿como se pode vir a chorar cando foron eles quenes aplaudiron vídeos na rede destinados á confrontación e a exclusión de galegos e galegas simplemente porque discrepamos dos seus métodos estalinistas de imposición da nosa lingua por decreto? Vídeos que aínda seguen colgados na rede, lamentablemente, dando os seus froitos amargos como o ataque sufrido polo vicepresidente da asociación Galicia Bilingüe.

Disque son trinta os promotores do libelo e mesmo que foran trinta mil… ¿como se pode vir a falar de Convivencia cando empregan o insulto e ata o mal de ollo contra Oscar Pereiro e a súa familia (desexamos que se recupere para o vindeiro Tour!) por asinar o Manifesto a prol da Lingua Común? (grande delito debeu ser este para os que agora veñen falar de convivir!)

Veñen con mentiras unha vez máis: dicindo co Manifesto pola Lingua Común ten como “obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos”.

Pregúntome se saben ler siquera unha páxina estes intelectuais da cunquiña, cando precisamente nese manifesto o que se pide é que ante o pulo das linguas cooficiais se teñan en conta os dereitos daquelas persoas que non falan (nin teñen a obriga de falar por decreto) galego, euskara ou catalán.



Como se pode furgar na ferida cando son eles os que retiran por decreto os dereitos -xa non os lingüísticos- senon os máis básicos dereitos humanos: o dereito á Igualdade e á Liberdade!

No cuarto párrafo dino con meridana obxectividade: “o verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas”: ¿logo onde está o verdadeiro problema?

Disque “na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español” ¿hai algún imbécil que sexa capaz de negar hoxendía a evidencia?

O que non dín estes vividores da lingua é que a actitude que desexarían por parte da cidadanía galega é unha actitude de sometemento total ós designios que eles teñen xa escritos para este pobo dentro do Estado: a súa independencia nacional!

Pois queridos amigos se este é un manifesto a prol da Convivencia eu baixome desta burra porque non son deste pobo nin de ningún pobo sometido!

Eu coma centos de miles de galegos e galegas son dun pobo senlleiro que sempre soubo tirar cara adiante e vivir a súa vida con INDEPENDENCIA de criterio alleo.
¿Ou é que agora vannos dicir cómo temos que gobernar a nosa casa? ¿Que lingua temos que falar e con quén e cando témola que falar? ¿Seremos os galegos e galegas xentes ruíns que non somos capaces de falar a lingua que nos pete e cando nos pete, e teñan que ser os choromicas de sempre quenes Impoñan a súa santa vontade para vivir a costa da lingua de todos nós? Basta xa de imposturas!

Se queren a independencia do país que a pelexen nas urnas… pero mentres tanto que deixen a lingua galega e ós galegos e galegas en paz… que non é por aí por onde van acadar os votos para levar a cabo os seus soños políticos.

Acadarán os seus obxectivos grazas ós cartiños que lles choven do aire –vía institucional- para seguir acosando e insultando ós que vivimos en galego e castelán sen problemas nesta terra.

Queremos convivir en Paz: basta xa de mentirlles ós galegos, moi especialmente ós rapaces e rapazas con ideas que exclúen ós que falamos castelán, convertíndo en chívos expiatorios da súa causa a cantos cidadáns se atreven a reivindicar os seus dereitos lingüísticos individuais dentro do marco constitucional.

Pola convivencia, máis alá de linguas e ideoloxías: galegos e galegas somos todos!

Unha lingua non se fala por Decreto!

Erasmo.
Amante da súa lingua e da Liberdade!

Tiempo estimado de lectura: 3 min 30 seg Comentarios: 2 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Leído 525 veces / Comentarios: 2
Comentarios
Spam   Lenguaje Inadecuado   Injurias o calumnias  
#2 Comentario de: Erasmo
Reportar abuso   Viernes 25/07/2008 a las 2:19
Enton na web da Mesa nunca houbo un correo electrónico para DENUNCIAR o incumprimento do Decreto de Normaliación ? Retirado despois do lío que se montou coa Consellería de Educación... que por certo enviou un comunicado ós Centros para deixar claro que NINGUÉN que non fora a propia Inspección debera ter acceso ós datos de cumprimento do Decreto...!

Ademáis a MESA tampouco debe coñecer de nada A Gentalha do Pichel, nin AMI, nin AGAL... que va... son todos xentes de mal vivir que nin siquera estiveron na manifestació a prol da Lingua Galega en Santiago... non a Mesa non tiña nada que ver con todos estes asuntos colaterais...?

Bueno... se é certo... mañán dende a Tribuna na Praza da Quintana teñen unha boa oportunidade para facer as Declaracións Oportunas... ¿pero eso xa sería moito pedir?

Mentres tanto seguimos cos carteis que EXCLÚEN ós galegos e galegas por dicir o que pensan e así imos facendo NACION pouco a pouco cara a NINGURES... ¿non si?

Para mostra un botón:
http://www.soitu.es/soitu/2008/07/12/flts02/1215898243_081784.html

EN GALICIA I EN LIBERDADE ! svp
Spam   Lenguaje Inadecuado   Injurias o calumnias  
#1 Comentario de: Xico
Reportar abuso   Jueves 24/07/2008 a las 11:10
Amigo Erasmo,

Dun tempo a esta parte estanse a difundir socialmente, con toda impunidade, determinadas mensaxes e tópicos sobre a situación do galego e do castelán en Galiza que, simplemente, non se axustan á realidade.
Moitas persoas mantivemos silencio até o momento, preferindo non dicir ren, mais hai determinados momentos en que é necesario usar a palabra.
Veño de ler con atención a súa “resposta urxente” ao Manifesto a prol da convivencia lingüística…e considero necesario facer algunhas puntualizacións aos seus “argumentos”:

1. Nunca, e cando digo nunca quero dicir nunca, nin A Mesa nin ningunha outra organización denunciaron individualmente profesorado concreto por estar a incumprir as leis. O que si fixo A Mesa –e como non interesa, non se di –foi denunciar os inspectores educativos responsabilizados daqueles centros en que si se sabía do incumprimento do Decreto 247/95; precisamente, por non faceren o seu traballo e non cumpriren coas súas obrigas.

2. Non me consta –e de non ser así, sería bo aportar probas ou datos concretos –aplauso ou xustificación ningunha, nin da Mesa nin de ningunha outra entidade de fins iguais ou semellantes, a vídeo ningún na rede; e menos vídeos ofensivos ou que induzan á violencia ou á agresión. Quen coñece ben o traballo da Mesa sabe que ese nunca foi, é nin será o seu estilo…Aínda que non falte quen desexe o contrario!

3. Amósase Vde. en contra, até en varias ocasións ademais, do uso ou da “obriga” de uso por “decreto” dunha lingua. Supoño que iso valerá tamén para o castelán; curiosamente, unha lingua que, por precepto constitucional (¡), todos os cidadáns do Estado temos o deber (¡) de coñecer. E, así mesmo, vexo de agradecer que se poñan exemplos de linguas, oficiais nos seus territorios, que dunha ou outra maneira non sexan “lexisladas”. É certo que hai estados que non indican constitucionalmente cal ten de ser a lingua oficial (até hai estados que nin Constitución teñen), mais regulan o uso da(s) súa(s) lingua(s) oficial(ais) por outras vías. Imaxinan un funcionario alemán que se negue a atender en alemán os seus administrados en atención ao seu “dereito individual” a falar “a lingua que lle pete”? Iso é o que significa lingua oficial na práctica; e tan oficial é o alemán no seu territorio como o galego no seu, felizmente.

4. Di Vde. que o “Manifiesto por la Lengua Común” non é un ataque aos dereitos lingüísticos das persoas galego falantes nin nega a existencia doutras linguas no Estado distintas do castelán. Que máis negación pode ser un manifesto que promove con todo descaro unha “xerarquía” practicamente militar dunhas linguas sobre outras e considera “normal” e “imprescindíbel” que no Estado haxa unha “lingua A” obrigatoria e unhas “linguas B” que o manifesto sitúa directamente como “opcionais”? O galego tamén era “opcional” no franquismo. Porén, optatividade non é oficialidade. E a optatividade por si soa non garante dereitos.

Cordiais cumprimentos
Escribe tu comentario


Nombre:
Correo electrónico:
Comentario:

Para citar otro comentario escribe # y el número del comentario (sin espacio entre ambos), por ejemplo #1.
ATENCIÓN: Al enviar un comentario se acepta las condiciones de uso