b1Atlántico Diario de la A a la Zb2Buscar en Atlántico Diariob3
Max: -18ºC
Mín.: 4ºC
Actual:
7ºC
Galerías
Encuestas
¿Cree que se construirá el Auditorio de Beiramar?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.

Álvarez Blázquez ‘volve’ a Castrelos cos seus achádegos

Tiempo estimado de lectura: 2 min 30 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Ana Baena - Vigo - 17-05-2008

Co gallo do Día das Letras Galegas, o Museo Municipal de Quiñones de León salda unha débeda histórica coa figura de Xosé María Álvarez Blázquez. Así, dende onte exponse nas instalacións de Castrelos unha mostra sobre a súa faceta como arqueólogo e sobre os xacementos nos que estivo implicado.

Como non podía ser doutro xeito, a inauguración da exposición ‘Xosé María Alvárez Blázquez. Arqueólogo de Vigo’ na que foi a súa segunda casa, o Museo Municipal de Quiñones de León, contou coa presenza de parte dos seus fillos, que asistiron orgullosos a mostra comisariada por Pilar Barciela. Para Alfonso Álvarez Cáccamo ‘é un acto de xustiza, unha obriga coa figura do noso pai’. A súa irmá Elena asegurou ‘estar moi emocionada, así como agradecida a Pilar polo cariño co que tratou todo o seu traballo’. Por último, a benxamina da familia, Berta, valorou moi positivamente tódalas iniciativas que se están levando a termo para recuperar á figura de Álvarez Blázquez, pero ‘esta exposición é especialmente importante, xa que está feita dende o punto de vista da investigación, polo que expresa o verdadeiro valor do legado deixado polo noso pai’. A cerimonia de inauguración foi presentada polo director do Museo de Castrelos, José Ballesta, que estivo acompañado, ademais de polos descendentes de Álvarez Blázquez, polas concelleiras Elena Maure e María Méndez. Como voceiro da familia, Alfonso Álvarez expresou a súa familiaridade cos achádegos que se mostran na exposición, ao tempo que contou as anécdotas da súa infancia, das excursións aos xacementos que facía co seu pai e os arqueólogos e persoeiros do mundo da Cultura que coñeceu. ‘Cando era pequeno, na escola dábanme moita envexa os outros nenos, xa que tiñan unha aldea á que ían os fins de semana, e eu non. Para compensar, contaba as historias das saídas arqueolóxicas, que nos introduciron no mundo máxico da terra sililata’, recordou Cáccamo. Pola súa banda, a comisaria Pilar Barciela recoñeceu esta mostra como unha débeda histórica, ‘xa que a Álvarez Blázquez lle debemos a creación da sala de arqueoloxía en Vigo. Esta mostra é diferente, expóñense as pezas de maior valor, senon as máis significativas, algunhas do revés para amosar a etiqueta posta por Xosé María’, afirmou Barciela, quen destaca do homenaxeado a súa xenerosidade.



A importancia do seu labor.
Xosé María Álvarez Blázquez, cronista de Vigo, (1915/1985) exerceu un traballo fundamental para o legado histórico da cidade e da súa comarca. Así, a exposición fai un percorrido polas súas principais actuacións: os castro de Vigo (1952 e 1970), de Toralla, de Cabeza de Francos, de Baión, da Guía e de Coreses; a necrópole romana do Areal e as súas estelas, a recollida de útiles paleolíticos das Gándaras de Budiño e achádegos como o enterramento de Atios e as aras de Donón. Arriba, os fillos de Álvarez Blázquez, coa comisaria e a concelleira.

Tiempo estimado de lectura: 2 min 30 seg Comentarios: 0 Enviar a redes sociales Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Leído 157 veces / Comentarios: 0
Palabras relacionadas: Álvarez Blázquez
Comentarios
Escribe tu comentario


Nombre:
Correo electrónico:
Comentario:

Para citar otro comentario escribe # y el número del comentario (sin espacio entre ambos), por ejemplo #1.
ATENCIÓN: Al enviar un comentario se acepta las condiciones de uso