última actualización: 19:30
Co gallo do Día das Letras Gallegas, cada exemplar acompañarase por un libro sobre o homenaxeado

Mañá, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á figura de Xosé María Álvarez Blázquez: poeta, novelista, ensaísta, editor, arqueólogo e investigador. Tudense de nacemento (1915/1985), pero vigués de corazón, a vida e obra de Álvarez Blázquez vencéllase directamente a esta cidade.
Como en cada edición, Atlánticoúnese á festa da literatura galega e agasalla aos seus lectores cun libro con datos biográficos do homenaxeado, así como unha escolma da súa obra, con exemplos de poesía e de prosa. A publicación, editada por Carlos L. Bernárdez, entregarase co exemplar de mañá, xa sexa adquirido por medio de suscripción ou por compra directa no quiosco.
Na posta en marcha desta iniciativa foi imprescindible á colaboración e patrocinio da Xunta de Galicia, a Consallaría de Cultura e Deporte, así como a Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural do Concello de Vigo.
Este ano cúmprense o 45 aniversario do Día das Letras Galegas, xa que a primeira edición tivo lugar o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da publicación de ’Cantares Gallegos’, de Rosalía de Castro, a cal foi a primeira homenaxeada. Ademais do recoñecemento aos autores, esta celebración busca dar a coñecer aos principais representantes da literatura galega.