Galerías
Encuestas
¿Ganará España la Copa Confederaciones 2013?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.

Os parados pendentes do ingreso dos 400 euros en Galicia, Cataluña e Valencia cobrarán 'a partir de mañá'

O Goberno pronunciarase sobre a continuidade da axuda cando finalice o programa
Compartir en:
EUROPA PRESS - SANTIAGO DE COMPOSTELA - 08-08-2012

Os desempregados de longa duración beneficiarios da axuda de 400 euros do 'Plan Prepara que sufriran unha demora no ingreso en Galicia, Cataluña e Valencia empezarán a cobrar 'a partir de mañá', segundo informaron a Europa Press fontes do Ministerio de Emprego.

As mesmas fontes explicaron que a transferencia se efectuou nesta mesma xornada e que o atraso no pagamento, que se debía realizar a finais do mes de xullo, responde a un problema técnico consistente nun desfase crediticio da execución presupostaria'.

O departamento que dirixe Fátima Báñez vinculou este problema co feito de que estes 400 euros se corresponden cunha subvención e non cunha prestación regulada como tal, ao tempo que incidiron que o resto de desempregados non tiveron ningún problema cos seus cobramentos.

A demora no pagamento aos beneficiarios desta axuda prodúcese nun momento no que está pendente de decidir o futuro deste programa, sobre cuxa prórroga aínda non adoptou unha decisión o Executivo estatal.

A DECISIÓN, CANDO FINALICE O PLAN

Ao respecto, nesta xornada, o voceiro do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, Alfonso Alonso, indicou que o Goberno non se pronunciará ata que finalice o devandito programa, o día 15 deste mes.

Nunha rolda de prensa despois de presidir unha reunión do Comité de Dirección do PP de Cádiz, Alonso dixo que o Executivo 'non decide nada', senón que o programa mencionado 'finaliza' nuns días e será a partir dese momento cando se pronuncie ao respecto.