Temp. Actual: 17,8ºC
Meteogalicia
Galerías
Encuestas
¿Ganará España la Copa Confederaciones 2013?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.

Celso Emilio Ferreiro reinvéntase na voz das novas xeracións

Cen anos despois do seu nacemento e cincoenta da publicación de 'Longa noite de pedra', os novos identifícanse coa súa figura
Compartir en:
Ana baena.. vigo - 27-06-2012

A calor condicionou o acto principal do ano de Celso Emilio Ferreiro, que onte se celebrou no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia. Así, o público foi chegando aos poucos a unha sala onde non se paraba coa calor. Concentrados no patio de butacas, no primeiro anfiteatro situouse a coral de Beade, xerando unha atmósfera envolvente que agradou ao tempo que abraiou aos presentes.

El Puto Coke,
El Puto Coke,

Sobre o esceario, a poesía e a canción déronse a man nun show presentado por unha impecable Yolanda Castaño, vestida en tons azuis que destacaban na sobriedade do esceario. Entre os que os declamadores, homes e mulleres de letras de distintas xeracións: Rexina Vega, Inma López Silva e Fernando Franco, co toque corista do ex- alcalde Manoel Soto, que se animou cos versos de Ferreiro.

Entre os que combinaron a poesía coa canción, Xesús Alonso Montero que zafou moi ben coa papeleta: 'Eu canto dende hai moito, actividade que compartín tamén con Celso Emilio Ferreiro; agardo que agora me chamen tamén para cantar, non só para dar conferencias'

No compromiso social do poeta atopou El Puto Coke unha seña de identidade. Tras recitar os versos 'Non', interpretar 'Gal- ego' e o Himno Galego a ritmo de hip hop, o rapeiro amosouse orgulloso de ter participado na homenaxe: 'Pese a pertencer a outra xeración, mantense os mesmos problemas que denunciou; os seus poemas como os debuxos de Castelao que poderían grafitearse, adaptaríanse a un rap'.

O grupo Ataque escampe adaptou o seu estilo para interpretar 'Monólogo dun traballador' e saíron victoriosos da súa fusión en 'Calipso': 'Foi unha temeridade porque xuntamos a súa solemnidade fronte a nosa frivolidade'.

Davide non decidíu ata o último que poema interpretar. 'É unha honra estar aquí, penso que Celso Emilio era un desde escritores e pensadores moi especiais, dos que xa non hai'. Completaron a homenaxe Patricia Moon e Frans Banfield, Luis Emilio Batallán e os chicos da Escola Superior de Arte Dramática e do IES Álvaro Cunqueiro, que aportaron a súa persoal interpretación sobre o legado dun escritor natural de Celanova, pero que tivo un gran vencello con esta cidade, onda morreu en 1979.