Galerías
Encuestas
¿Cree que la "ley Wert" solucionará los problemas de la educación en España?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.

O de Ribadumia é o segundo artefacto en sedes do PP en menos dun mes

Compartir en:
Agencias - Vigo - 08-06-2012

O artefacto caseiro que estoupou nesta madrugada en Ribadumia e causou escasos danos materiais é o segundo que colocan en sedes do PP de Galicia, despois do do concello limítrofe de Meis, en tan só un mes.


No pasado 7 de maio, unha ola a presión con material explosivo no seu interior foi achada ás portas do local do PP de Meis, na rúa Médico Paz Andrade, sen que chegase a estoupar xa que o artefacto puido ser desactivado.

Nesta madrugada, sobre as 4.00 horas, produciuse a deflagración dun artefacto caseiro de pequenas dimensións na sede dos populares en Ribadumia, composto por un cartucho de pólvora unido a tres aerosois, informaron fontes da investigación.

A explosión provocou a rotura do cristal dunha xanela, aínda que non causou ningún estrago no interior da sede do PP, nin sequera nun ordenador próximo.

A onda expansiva si que ocasionou estragos nunha persiana e na impresora.

Os restos do artefacto foron analizados polos Tedax, que se desprazaron ao lugar e estiveron recollendo mostras para a súa análise en laboratorio.

Tamén se presentaron o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña.

O presidente do PP local, Martín Serantes, declarou á EFE que 'o relevante', máis alá do tamaño do artefacto ou os danos materiais causados, é 'o feito en si' de colocar un explosivo na sede dun partido político.

Serantes sinalou que esta é a primeira vez que ocorre un suceso destas características en Ribadumia, e que, a falta do que determine a investigación policial, relacionou co de Meis hai exactamente un mes.

Atribuíu esta acción a 'algún desequilibrado ou un grupo de tolos', e advertiu de que 'algún día' poden provocar 'unha desgraza'.

Un dos veciños do edificio en que se rexistrou a deflagración, Javier Oubiña, declarou á Efe que a Garda Civil obrigou os residentes a abandonar os seus pisos durante varias horas, para que os efectivos se encargasen das tarefas de investigación no interior do inmóbel e non se destruísen posíbeis probas.

Dous dos aerosois que non estouparon saíron despedidos despois do estoupido do primeiro para o outro lado da rúa, e foron recuperados polas forzas de seguridade.