b1Atlántico Diario de la A a la Zb2Buscar en Atlántico Diariob3
Max: 13ºC
Mín.: 11ºC
Actual:
10ºC
Galerías
Encuestas
¿Cree que la reforma financiera aprobada por el Gobierno será la definitiva?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.

Celso Emilio, aínda de actualidade no seu centenario

Os paisanos do autor presentaron en Vigo a edición especial da súa revista 'Arraianos', homenaxe ao escritor de Celanova
Compartir en:
ana baena. vigo - 14-01-2012

O primeiro acto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na cidade tivo lugar onte en Librouro.

Ramón Nicolás, Luís Ferreiro e Méndez Ferrín, na primeira homenaxe en Vigo no Ano de Ferreiro. (Foto: FELIPE CARNOTTO)
Ramón Nicolás, Luís Ferreiro e Méndez Ferrín, na primeira homenaxe en Vigo no Ano de Ferreiro. (Foto: FELIPE CARNOTTO)

O presidente da Real Academia da Lingua, Xosé Luís Méndez Ferrín; o biógrafo do autor, Ramón Nicolás, e o seu fillo Luís Ferreiro reuníronso para presentar o monográfico da revista 'Arraianos', adicada a Celso Emilio. O valor engadido a este recoñecemento é que a publicación está editada por mocidade de Celanova, vila natal do escritor. O que sentía pola súa terra quedou reflectido na súa obra, concretamente en 'Onde o mundo se chama Celanova'. En palabras do seu fillo, 'é unha declaración pública do seu amor como arraiano'.

Hai 33 anos que morreu, pero os seus escritos seguen a estar de actualidade. 'O que lle preocupou no seu momento, persiste na actualidade e a xente nova síntese identificada co que le'. Así explica o seu vástago Luís a aceptación do seu poemario: 'A súa figura continúa a ser permanente; e o autor con máis musicalizaciones dos seus poemas en Galicia, superando as 200, e en distintos estilos, incluido o rap'.

A banda Labregos do Tempo dos Sputniks amosaron tralas intervencións a actualidade das letras de Celso Emilio, adaptándoa a ritmos modernos.

Alonso Montero, Xaime Quessada, Isaac Díaz Pardo, Méndez Ferrín o Armando Requeixo son algúns dos nomes que participan no monográfico de 'Arraianos. Celso Emilio fai 100 anos', xunto a abondoso material inédito do poeta. Lembranzas, recoñecementos e soidades atópanse nese artigos. Pero para Luís, o máis reseñable do seu pai son dous aspectos: 'A súa sociabilidade, tiña unha facilidade asombrosa para conectar coa xente, e a adicación da súa vida á defesa de Galicia'.

Dende o punto de vista literario, 'Longa noite de pedra' representa a obra máis popular de Celso Emilio Ferreiro. Clasificada como poesía social ou belixerante non foi o único xénero que desenvolveu. Ao seu fillo gustaríalle que no centenario se xeralizase o coñecemento das composicións amorosas, das de corte modernista e a denominada polos críticos como a antropolóxica: 'Como din os seus estudiosos, en Celso hai moito Celso'.

Celso Emilio Ferreiro ten moito de vigués: Vivíu na cidade antes da migración e morreu aquí en 1979 , mentras pasaba as vacacións cos seus fillos que residen en Vigo.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 45 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Comentarios: 0
Comentarios
Escribe tu comentario


Nombre:
Correo electrónico:
Comentario:

Para citar otro comentario escribe # y el número del comentario (sin espacio entre ambos), por ejemplo #1.
ATENCIÓN: Al enviar un comentario se acepta las condiciones de uso