b1Atlántico Diario de la A a la Zb2Buscar en Atlántico Diariob3
Galerías
Encuestas
¿Cree que la reforma financiera aprobada por el Gobierno será la definitiva?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.
Baixo Miño

A Valga, edén de pintafontes, píntegas, escarabellos e aves

O paraxe de Oia gaña enteiros como un dos favoritos dos naturalistas da comarca
Compartir en:
Antón Ferrerira - Oia - 07-12-2011

Ver a imaxe da Valga, o humedal de montaña de Santa María de Oia encharcado, parece alegrar o espíritu e o corpo. 'Sabemos que estas augas son vida para a Valga, que a paisaxe muda totalmente, que a natureza brilla, literalmente falando, e se reflicte coma se dun espello se tratase, na superficie da lámina de auga que bule por tódolos lados', din desde a Asociación Naturalista Baixo Miño (Anabam,) colectivo que realiza cada sábado unha saída de estudo da biodiversidade da comarca do Baixo Miño, que se poden atopar na páxina web www.anabam.org.

Exemplar macho de 'Triturus boscai' atopado entre o verde de A Valga.
Exemplar macho de 'Triturus boscai' atopado entre o verde de A Valga.


A Valga sen auga non é a Valga. É un monte máis. Pero esta paraxe é un espazo fermoso, vivo, entrañable, de impresionante coa presenza da auga, de aí que os outonos, invernos, e incluso a primavera, sexan as estacións 'preferidas' deste espazo natural.

Zona asulagada a carón da estrada que percorre a zona de A Valga, entre Mabia e o empalme coa baixada a Oia, a abondosa presenza de acuíferos permite, por exemplo, que milleiros de individuos de píntegas se oberven en toda a área, e que se achegan no período de chuvias a estas zonas para procrear.

Tamén os pintafontes se vén abandosamente nesta época nos mansos dos regatos. En menor cantidade, pero tamén abondosas, están as píntegas verdes. O 'Triturus boscai', pintafontes común, e o 'Triturus marmoratus', píntega verde, son especies moi interesantes nesta paraxe.

Son moitas as especies faunísticas que se poden estudar neste enclave. Como os escarabellos 'Carabus amplipennis'. Trátase dun escarabello nocturno, cos élitros soldados, por iso non pode voar, que de día se acubilla baixo pedras ou madeira.

E non menos importante é a presenza das aves, sedentarias ou estacionais, que se atopan neste enclave montañoso.

Os naturalistas de Anabam recomendan achegarse a este paraxe provistos de prismáticos e, se é posible, tamén dunha fuía de aves e outra de réptiles e anfibios que permitirán disfrutar dunha maneira diferente unha xornada na Valga, en Santa María de Oia

Tiempo estimado de lectura: 1 min 30 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Comentarios: 0
Palabras relacionadas: baixo mino
Comentarios
Escribe tu comentario


Nombre:
Correo electrónico:
Comentario:

Para citar otro comentario escribe # y el número del comentario (sin espacio entre ambos), por ejemplo #1.
ATENCIÓN: Al enviar un comentario se acepta las condiciones de uso