b1Atlántico Diario de la A a la Zb2Buscar en Atlántico Diariob3
Galerías
Encuestas
¿Cree que la reforma financiera aprobada por el Gobierno será la definitiva?
  
SI
  
NO

RSS, OPML y ATOM
RSS 2.0 RSS 1.0 RSS 0.91 ATOM 0.3 OPML
Agregadores
technorati Google

Los feeds de RSS, Atom y OPML permiten importar de forma automática el contenido de Atlántico Diario. Pulsa para obtener el código XML. Bastará copiar la URL generada al navegador, programa o sitio web de destino.

Los agregadores de Technorati y Google te permitirán incluir la página en los favoritos online de estos servicios y compar- tirlos con otros usuarios.
Rubén Pérez, candidato de Esquerda Unida á Alcaldía de Vigo

“Os militantes, non os afiliados, dan dignidade á política”

Compartir en:
Ana Baena - Vigo - 08-05-2011

Licenciado en Historia e empregado na sección de informática nunha empresa da comarca, Rubén Pérez conta cunha grande experiencia en política, pese a ter tan só 33 años. En 1995 entrou nas Xuventudes Comunistas e dous anos despois pasou a integrar o Comité Central e en 2004 milita no movemento político social Esquerda Unida.

Leva 17 anos nas filas comunistas, cómo madurou a súa ideoloxía neste tempo?
Entrei na organización en resposta a unha inquedanza. Ao comezo era máis intuitivo, pero a experiencia fíxome máis realista. Como dixo Alonso Montero “de maior quero ser comunista”. Pode resultar un poco pretencioso, pero é así. Non é cuestión de ser máis ou menos radical.

Como é a vida privada dun candidato de Esquerda Unida?
Vivo en parella e teño un traballo normal, co plus engadido de facer política, pero sen vivir dela. Desexo seguir así porque son os militantes, non os afiliados, os que dan dignidade á política.

Estar tan implicado no partido, afecta ás relacións familiares?
É terrible e cando te plantexas formar unha familia e ter fillos resulta moi difícil. A conciliación coa xornada laboral de máis de 8 horas e o activismo non deixa moito tempo porque facemos de todo: notas de prensa, pegadas ou comparecencias. No meu caso, facilítao que a miña parella tamén sexa militante.

Cales son as súas afeccións?
Gústame quedar cos amigos a tomar algo. Se hai que estar ata as 7, se está. Practico pesca submarina e interésanme os temas de historia.

Que non lle gusta da súa cidade?
Son fillo de desempregado de longa duración e en vez de enfrascarse en discusións sobre ornato, o Concello debera fomentar o emprego. Non me gusta o tráfico, nin que a xente durma na rúa sen que se faga un albergue. Quero unha cidade con máis sensibilidade social.

Esperan sacar representación?
Esta vez si. Aumentaron os afiliados e as candidaturas. A xente está cansa dos tres partidos de sempre.

De obter concelleiros, pactarán?
Evitaremos un goberno dun partido da dereita , pero tampouco apoiaremos as políticas reaccionarias que se viñeron facendo ata agora. Defenderemos o noso programa e pactaremos en cuestións puntuais para sacalo adiante.

Tiempo estimado de lectura: 1 min 45 seg Comentarios: 0 Imprimir el artículo Agregar a favoritos Descargar en PDF Enviar por correo Texto normal Texto grande
Otras noticias de Elecciones Municipales 2011: