última actualización: 15:05
Acceso del lectorUnha reciente sentencia do Tribunal Superior dicta a normas de utilización de Internet nas empresas.
Unha recente sentencia do Tribunal Supremo abriu a polémica sobre o uso de Internet no traballo e o seu posible control por parte dos empresarios. Dunha se analiza a Sentencia do Supremo declarando improcedente o despido dun traballador dunha empresa coruñesa pola visita, dende o seu posto de traballo, de páxinas web tipo pornográfico. Doutra se analiza o posible dereito do empresario a intromisión para la comprobación na correcta utilización do medio. A referida sentencia marca a pauta a seguir polas empresas: ‘establecer previamente las reglas de uso de esos medios e informar a los trabajadores de que va la existir control de los medios que han de aplicarse en orden a comprobar la corrección de los usos’ Nembargante os correos electrónicos non poderán ser revisados salvo sospeita razoada da existencia de uso fraudulento sendo, en todo caso, necesaria unha orde xudicial para a súa comprobación. Outro punto obxecto de estudio o constitúe a utilización de imaxes de traballadores nas páxinas web das empresas. Cando se inserta a imaxe dun asalariado nun catálogo ou mostra, sen autorización do interesado, se está a explotar o dereito de imaxe do mesmo. Por elo, cando o caso o precise, se debe contar co consentimento do traballador xa que, sen a debida autorización do mesmo, este podería esixir a empresa unha indemnización pola explotación da súa imaxe. A si mesmo a exhibición, da referida foto sen a pertinente autorización do interesado, puidera considerarse como violación dun dato de carácter persoal, estando afectada pola Lei Orgánica de Protección de datos.