Viernes 24 de mayo de 2013
última actualización: 12:51
última actualización: 12:51
Última hora:
Acceso del lector
Nun plano social cada individuo é un referente singular, e esa circunstancia fai que na nómina da súa escala de valores, máis que a uniformidade prevaleza a individualidade, por iso, en cuestións morais as condutas aceptables ou de rexeitamento, o son, en razón ao desigual concepto entre o bo e o malo que sustente cada un, por tal argumento haberá de entenderse que os valores poden ser obxectivos ou subxectivos, e así, se entenderá que certos individuos promovan como lexítimas e usuais accións que teñen como única finalidade o benesta

Desde o estalido do caso Campión, escándalo de corrupción cuxo alcance se circunscribía en exclusiva ao ámbito galego e a partidos e políticos da comunidade, resulta, que da man do Ministro de Fomento, o lucense Sr.Blanco tamén salpicado no enredo, se ampla o marco xeográfico do conflito cunha ramificación por terras catalás, por canto a intervención do ministro en favor dos intereses do empresario Sr. Orozco, relativa á autorización dunha licenza urbanística nos arredores do aeroporto do Prat, meteu na danza do conflito ao alcalde de Sant Boi de Llobregat, o socialista Jaume Bosch como tamén ao secretario de Estado de Transportes, Isaías Táboas, polo seu papel de mediador entre as partes.
Esta nova dimensión do conflito e a súa incidencia, parece sentar como un xerro de auga fría entre os membros da executiva do PSC, quen diverxentes coa posición de silencio que sobre o particular mantén a executiva nacional do PSOE, ante a gravidade dos feitos, abren a caixa dos tronos, esixindo do ministro como principal protagonista, transparencia, con explicación convincente da súa intervención no actuado.
É evidente que os socialistas cataláns non están dispostos a prexudicar os seus resultados electorais polo lastre que vén xerar esta nova andanza do Sr. Blanco, quen para maior tensión, non dispón de moitas simpatías por aquelas latitudes como consecuencia do seu papel como artífice en forzar a renuncia da catalá Carme Chacón como candidata á presidencia do goberno.
Ao final vén resultar, que este líder socialista tomou tal grao de dominio no seo do PSOE que derivou nun empacho de xerarquía que foi incapaz de dixerir, de aí, o seu endeusamento enfermizo, a súa excesiva prepotencia. Chegado o momento de ser nomeado Ministro de Fomento non soubo diferenciar, confundindo as malas praxes do partido cos seus novos labores como executivo do Goberno, extremo recoñecido, cando no seu descargo ante a acusación de tráfico de influencias vía intercesión para o outorgamiento de licenza a favor da mercantil lucense, chega afirmar, que a súa 'obrigación' é interesarse polos proxectos que xeran emprego.