rugby división de honra

O Vigo aumenta o número de xogadores

Carlos López, co oval, nun enfrontamento anterior.
photo_camera Carlos López, co oval, nun enfrontamento anterior.

nnn O Kaleido Vigo rugby regresa esta tarde á competición (15:30) nun horario pouco habitual e con necesidade de puntuar ante o Bera Bera vasco. A formación de Norm Maxwell, tras cinco derrotas seguidas e dous encontros aprazados, está na penúltima posición, que acarrea xogar a promoción de descenso ou, incluso, pode constituir o descenso automático en función do equipo que baixe da primeira categoría. 
O equipo vigués ten dous partidos menos que os seus predecedores, pero aínda así, a situación é crítica. O aspecto positivo para o encontro desta tarde é que Norm Maxwell recupera efectivos para o partido. Na primeira liña estarán Sito, Tito e Brizuela e volven Antón Díaz e Valentín Gutiérrez, que exercerá de apertura. Ademais, Chema Fernández e Carlos López aportarán cambios na dianteira dende o banco.
Máis problemas ten Norm Maxwell na liña de tres cuartos porque perde a Carlos de Cabo, o xogador máis determinante este curso nesta parcela. Polo menos, a previsión é de tempo revolto con choiva, polo que todo indica que será un enfrontamento pechado, de dianteira, de forza e barro. O Bera Bera vasco está situado na sexta posición de División de Honra B.n 

Te puede interesar