terceira división

Un Val Miñor tranquilo visita ó Areosa, que está na parte baixa

Areosa e Val Miñor xogan hoxe.
photo_camera Areosa e Val Miñor xogan hoxe.

nnn Dous equipos moi semellantes, pero con resultados diferentes no que vai de tempada. O Areosa e o Val Miñor son clubes de canteira e ambos teñen no División de Honra xuvenil ó seu emblema. Son as formacións onde amosan o traballo de moitos anos e, incluso, onde tentan de competir co Celta.
Esta tarde mídense en Comesaña para dirimir unha rivalidade de anos porque, ó final, a maioría dos xogadores dos dous equipos levan moitos anos enfrontándose en categorías inferiores e, incluso, loitando por títulos de torneos. A este encontro chega o Val Miñor de Álex Villar nunha situación tranquila, con dez puntos despois de seis partidos. Marcha na oitava praza, pero a menos puntos, cinco, do liderado que do Areosa, que suma catro e está a un das posicións de descenso.
O equipo de Comesaña carece de baixas e contara co apoio do seu público nun campo que sempre axuda ó seu equipo. Pola súa banda, o Val Miñor perde para este encontro a Javi Acuña e ten as dúbidas de Somoza e Trapero. 
En calquera caso, os partidos entre os dous equipos nos últimos anos estiveron marcados por unha notable igualdade e resultados de complicado pronóstico. Moitas vitorias visitantes, partidos cheos de goles e alternativas, triunfo do que marchaba por debaixo da táboa. En definitiva, rivalidade.n

Te puede interesar