ENTROIDO

Uns 300 escolares coñecen o Entroido no Museo Liste

A visita do escolares do colexio Fleming ao Museo Liste para coñecer o Entroido galego.
photo_camera A visita do escolares do colexio Fleming ao Museo Liste para coñecer o Entroido galego.

O programa didáctico ao redor do Entroido do Museo Liste finaliza hoxe coa visita guiada á asociación Avelaíña de Baiona.

Ao longo de toda a semana pasaron máis de 300 visitantes, principalemente escolares, polas instalacións do centro etnográfico de Vigo, sito na rúa da Pastora.


Este ano, o Liste adica especial atención no seu seminario ao Entroido de Manzaneda, en Ourense, e ao seu personaxe principal, o Mázcara. Así, despois dunha introducción xeral, pasando polas distintas expresións do Entroido por toda a xeografía galega, paráronse na súa historia. O Mázcara viste cun gran pucho ataviado con cintas e adornos de distintas cores, destacan tamén polas súas polainas brancas con puntillas e o característico mantón floreado, que leva pendurados lazos nos ombreiros. Según os investigadores, representa a chegada da Primaveira.
Os participantes nos obradoiros do Museo Liste, finalizaron a visita coa elaboración da súa propia Mázcara.n

Te puede interesar