xornal escolar

Un total de 12 ciclos de FP introducirán o plurilingüísmo

Tamén realizarán actividades complementarias organizadas polo centro como charlas e obradoiros.
photo_camera Tamén realizarán actividades complementarias organizadas polo centro como charlas e obradoiros.

O alumnado disporá dunha materia formativa extracurricular, así como de actividades complementarias para reforzar a aprendizaxe da lingua estranxeira e favorecer a certificación de nivel de idioma ao finalizar o ciclo.  
 

Un total de 12 ciclos formativos en 7 centros educativos estenderán por primeira vez o curso 2017/18 o ensino plurilingüe á etapa de Formación Profesional. Así se constata na resolución provisional de ciclos formativos plurilingües (denominado PluriFP) que acaba de ser publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22957.     
Esta ampliación do ensino plurilingüe á FP enmárcase no desenvolvemento da nova Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe –presentada o pasado mes de xuño–, que tamén incorpora, como unha das principais novidades, a extensión a educación infantil (Plurinfantil) e bacharelato (Pluribach). De feito, os datos provisionais cifran en 81 os centros que o vindeiro curso terán por primeira vez plurilingüismo en infantil, mentres que 4 o introducirán en bacharelato.  
Cómpre lembrar que a través deste modelo non só se busca mellorar as competencias lingüísticas do alumnado, senón tamén ofrecerlle máis oportunidades futuras no actual mundo global. Neste contexto, os ciclos formativos plurilingües axudarán a favorecer a inserción laboral dos mozos e mozas, a competitividade dos sectores produtivos, así como a desenvolver habilidades de comunicación oral e escrita en lingua estranxeira.
Materia extracurricular        
e actividades 
O alumnado destes ciclos disporá, ademais de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira, dunha materia formativa extracurricular, cunha carga horaria semanal de dous ou tres períodos lectivos. Tamén realizarán actividades complementarias organizadas polo centro como charlas, obradoiros ou proxectos, cunha duración estipulada ao longo dos dous cursos de 40 horas, e que se levará a cabo fóra do horario ordinario.
No caso do profesorado que imparta os módulos plurilingües, deberá acreditar, cando menos, o nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). O alumnado, pola súa banda, disporá de formación específica orientada para certificar o nivel B1, B2 ou superior ao remate da etapa.  
Relación de ciclos 
plurilingües en Galicia
Haberá ciclos formativos plurilingües en dous centros educativos da provincia de Ourense, un da Coruña e catro de Pontevedra. Trátase, respectivamente, do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Laboratorio de análise e de control de calidade, Hixiene bucodental) e do CIFP A Farixa (Sistemas de telecomunicacións e informáticos) en Ourense; e do IES Universidade Laboral da Coruña, co ciclo de Prevención de riscos profesionais. 

Te puede interesar