agenda del fin de semana

SES, de novo ‘on tour’

a artista galega presenta en concerto o seu último disco, “READMIRANDO A CONDICIÓN” 

É o fenómeno dos últimos anos na música galega, e en 2018 volta á estrada co seu quinto disco, xusto un año despois de publicar o anterior, vender máis de 7.000 copias e ofrecer uns 50 conciertos por toda a Península, con ‘sold-outs’ en todolos auditorios galegos.
SES volta cun novo traballo, “Readmirando a condición”, no que fai unha revisión do seu disco de debut, ao que desta volta, a cantora dalle unha sonoridade máis ‘SESiana’.  Nesta ocasión, a diferencia do primeiro disco, ela mesma encárgase ao 100% de voltar a gravar, a producir e a arranxar todos os temas, que sonan agora —en moitos casos— totalmente diferentes. Ademais, incorpora un tema inédito que xa se pode escoitar en Youtube.
Feminista, galeguista, reivindicativa, pero tamén cun gran sentido do humor, SES afirma que “a muller sempre se encadra como cantante, e eu non me caracterizo por ser unha boa vocalista e non creo que o sexa nunca. Pero escribo, produzo, edito e mezclo a miña música, por que é tan difícil de asimilar?” Tamén reivindica a lingua galega na música. “Hai unha idea de que as linguas minoritarias non valen para cantar. Nun momento en que case non se venden discos, o meu en galego entrou entre os 85 máis vendidos sen estar avalada por ningunha multinacional. Esto é interesante pola mensaxe que lles dá aos mozos que estean empezando na música: teñen que cantar no seu idioma, o que dominan e no que poden facer un bo texto, non se debe perder a identidade”.


LUGAR: Auditorio Mar de Vigo
DATA: Venres, 9 de marzo, contra as 21 horas.

Te puede interesar