A RAG inicia o ano das Letras de Ana María Victoria Moreno

Fotografía do álbum familiar da "galega de elección" Ana María Victoria Moreno.
photo_camera Fotografía do álbum familiar da "galega de elección" Ana María Victoria Moreno.

A web da Academia xa dedica parte do seu espazo a difundir o legado desta pontevedresa de adopción

n n n A Real Academia Galega deu por iniciado o "Ano Ana María Victoria Moreno", autora que protagoniza en 2018 o Día das Letras Galegas. A web da Academia xa dedica parte do seu espazo a difundir o legado desta pontevedresa de adopción, nacida en Cáceres e "galega de elección".
"A historia de amor entre María Victoria e Galicia empeza en Pontevedra", como destaca a biografía sobre a escritora elaborada polas académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey que pode consultarse no portal da RAG.
Ana María Victoria Moreno, filla dunha malagueña e un toledano e nada de forma circunstancial en Cáceres, viviu boa parte da súa vida na Cidade do Lérez, onde se estableceu logo de aprobar as oposicións a mestra en 1965 despois de impartir clase durante un par de anos no Instituto Masculino de Lugo. Tamén desenrolaría a súa labor docente en Sanxenxo.

narración en galego
As académicas indagan no seu traballo sobre a vida e obra da escritora falecida en 2005, unha das pioneiras na narración en galego para o público infantil e xuvenil, xénero ao que axudou a situar "nun lugar digno" a través da posta en valor da lingua e un gran desenvolvemento dos personaxes.
"Toda a súa vida é un exemplo de compromiso coa causa da lingua galega e da xustiza social", resaltan as autoras da biografía, na que corrixen unha confusión acerca da data de nacemento de María Victoria difundida pola propia escritora.
E é que ela afirmaba que nacera en 1941 cando, en realidade, o fixera dous anos antes. Todo iso para facer coincidir a súa data de nacemento coa das súas compañeiras de bacharelato, estudos que empezou tarde debido á situación económica da súa familia.
Na súa defensa do galego provocaría que en xullo de 1973 lle vose retirado o pasaporte por participar nuns cursos de galego que organizara o Ateneo de Ourense, presidido por Manuel Peña Rey.n

Te puede interesar