vigo

O Outono Fotográfico inaugúrase con Xaquín Rosales

Fotográficas da exposición inaugural de Xaquín Rosales.
photo_camera Fotográficas da exposición inaugural de Xaquín Rosales.

O festival estrea espazo en El Halcón Milenario que se suma nesta edición á rede do festival

n n n O Outono Fotográfico consolídase en Vigo como unha cita do calendario cultural. O festival volve contar coa cidade como unha das súas sedes. Juan Adrio, Iria Vázquez, David Catá, Eva Díez e Rubi Lebovitch forman parte dos autores invitados a mostrar o seu traballo este ano. En canto á exposición inaugural correrá a cargo de Xaquín Rosales, con quen se incorpora un novo espazo a rede viguesa do festival. Así, o piso contenedor de iniciativas artísticas, El Halcón Milenario acollerá a proposta do artista de Vilagarcía, “Esquenzo”. Seguindo coa filosofía da sala, ubicada na rúa Cervantes, 18, 1º, a mostra, que se inaugurará o 25, só abrirá os venres e sábados, comenzando polos desta semana e prolongándose ata o 11 de novembro, nun horario nocturno, de 20.30 a 23.30 horas. A montaxe está composta por 41 fotografías con formatos que oscilan entre tamaños 126x87 a 13x13. 
Para o autor, a xustificación de “Esquenzo” pode atoparse no seu anceio de ser feliz: “pero o caso é que necesito esquencer, por este motivo tomei estas fotografías, as flores artificiais que moitas persoas depositan nos lugares onde permanecen os restos dos seus mortos; estas flores reflicten o paso do tempo mediante o seu envellecemento e para min, canto máis vellas, supóñome que o esquenzo forneceu máis efecto”, afirma.
Para a súa comisaria, Rita Ibarretxe, “Xaquín es un caminante incansable, curioso, y observador, que imprime a sus trabajos una gran coherencia estilística, donde no falta ni la naturalidad ni una visión siempre abierta”.
A dirección do Outono Fotográfico fará pública este xoves e na propia sala de El Halcón Milenario, a programación completa prevista para a cidade.n

Te puede interesar