A CONSELLERíA DE EDUCACIóN DA XUNTA INVESTíU NOS úLTIMOS ANOS PRETO DE 600.000 EUROS NAS DIVERSAS REFORMAS DOS CENTROS

Obras de melloras no CEIP O Pombal de Vigo

Un momento da visita do conselleiro ao CEIP O Pombal.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou varios centros educativos da cidade de Vigo, en concreto o CEIP O Pombal e o IES Ricardo Mella, nos que o departamento que dirixe ten investido nos últimos anos preto de 600.000 euros en diferentes obras de mellora e na implantación de programas educativos en prol da calidade do ensino.

No seu percorrido polas instalacións do IES Ricardo Mella - acompañado polo director do mesmo, Manuel García Freire-, o conselleiro comprobou o estado das instalacións tras a reforma realizada este ano na instalación eléctrica. O investimento no centro nos últimos anos supera os 91.000 euros, grazas ao cal o IES conta con seccións bilingües, cuxo desenvolvemento apoia unha auxiliar de conversa; e dispón de 2 aulas Abalar.


CEIP O Pombal

Posteriormente, e xunto á delegada da Xunta en Vigo e o xefe territorial de Educación na provincia, María José Bravo Bosch e César Pérez Ares, respectivamente, Vázquez Abad visitou o CEIP O Pombal onde a Consellería continúa a realizar a importante obra de ampliación e mellora, que conta cun orzamento de preto de 500.000 euros.

Tal e como sinalou o conselleiro “na actualidade estase a realizar a pavimentación do acceso ao centro” e destacou que “con esta obra continúase a xa rematada relativa á ampliación do comedor. Os traballos consistiron nunha habilitación de espazos que, ademais da realización dunha nova cuberta e a ampliación do comedor, supuxo a creación de catro novas aulas no andar superior. Deste xeito, e como resultado da reforma, o CEIP conta agora con oito aulas habilitadas na planta segunda, xunto ás cinco xa existentes na planta primeira, para dar resposta ás necesidades educativas dos máis de trescentos estudantes”. Das catro novas aulas, unha delas destínase a impartir clases de primeiro ciclo, outra a aula de música e psicomotricidade, e as dúas restantes son aulas para desdobres. Así mesmo a reforma serviu para mellorar a accesibilidade do colexio, dotándoo con aseos e cun ascensor adaptados.

A obra de ampliación do comedor permitiu que este pasara a ter na actualidade 118 m2 fronte aos 33 m2 anteriores, dando servizo a uns 100 comensais. Unha actuación coa que se deu resposta ás necesidades da comunidade educativa. Esta obra, xunto ás melloras realizadas nos comedores dos CEIP Friáns- Teis, Otero Pedraio e Balaídos, e as dos IES Illas Cíes e Pintor Laxeiro, supuxo un investimento total de un tota de 1,5 millóns de euros enmarcados no compromiso do departamento educativo da Xunta de Galicia de ampliar o número de comensais que podan facer uso do servizo complementario de comedor escolar.

Cómpre salientar ademais o investimento de preto de 32.000 euros que a Consellería ten realizado para a implantación de diferentes programas educativos en prol da mellora da calidade educativa neste colexio.

Neste sentido cabe lembrar que este centro participou o pasado curso en dúas das liñas de actuación dos contratos-programa, en concreto nas de reforzo, orientación e apoio e de mellora da lectura, da escritura e do cálculo. Así mesmo, o centro conta cunha aula dixital e está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde o primeiro curso de funcionamento do mesmo.n

Te puede interesar