Cartas al director

¡navidad! - nadal 2017

 “Naiciña de esa estreliña,/ naiciña ben feiticeira./ Naiciña, Virxe María,/ naiciña, levanos a ela”.
Como cada ano, eiquí estou para felicitarvos o Nadal, que debía ser todo o ano. Si, a máis dun mes para as festas máis entrañables, xa locen luces, anuncios, escaparates cheos de produtos navideños, comidas, roupas, xoguetes,... regalos! Si, moitas cousas, pero sentidiño e corazón. Hai que ter máis xenerosidade e pensar que hai moitos que pasan fames e frío; nenos que non teñen que comer, que non terán nin un xoguete co que enredar, nin antes nin despois dos Reises.
 As luces, con lucir por o 15 de decembro e apagarse o 9 de xaneiro, era dabondo. En vez de tanta fanfarria, sería mellor axudar a quenes teñen falta do máis necesario, e pasan fame! O Nadal debíamolo levar todo o ano no corazón. Son datas moi sinaladas, moi entrañables, moi de xuntanzas. 
Podemos facer que sexan de corazón, de xenerosidade, de sorrisos, que non custan diñeiro, porque unha sonrisa é a mellor forma de camiñar pola vida. Un gracias!, tamén é importante, e tamén é gratis! 
Eu, de corazón, dende a ialma, pido para que o Neno Xesús nos dea a paz, tan faltosa, saudiña, ledicia e ben. Para a xente querida, familiares, amigos, enemigos, para os que estan lonxe, pero moi preto da ialma, unha oración e un beixo tenro, recordativo. Para todos!, o mellor! 
“Unha fila interminable/ de hombres con hambre/, de padres con hambre/, de niños con hambre/, de ancianos sin nada/ atraviesan el mundo/, buscando posada./ Pon tu corazón a punto./ Ya pasa a tu lado/ la familia de Belén/ en ellos resucitada”. 
Feliz Navidad nun ano 2018 mellor que o que acaba! Unha aperta cariñenta.