fútbol

O Matamá recibe ó líder, o Deportivo

Dani, preparador de porteiros, e David Ferreiro, adestrador, do Matamá.
photo_camera Dani, preparador de porteiros, e David Ferreiro, adestrador, do Matamá.

nnn O Matamá recibe este mediodía ó líder da Segunda División, o Deportivo, no campo do Penedo da Moo (12:00). O equipo vigués tratará de poñer en dificultades a unha formación que asina uns números notables na presente tempada porque acumula 13 vitorias e un único empate nas xornadas disputadas ata o momento.
Unha situación que provoca temor nos rivais, pero a formación de David Ferreiro tentará plantar cara ó equipo coruñés co seu habitual xogo de conxunto. Ani, por enfermidade, é baixa, pero regresa ó equipo a outra porteira, Kily. A lista de ausencias a completa Lucía Fernández, mentres que a central Sara Paz 'Pipa' volve ó equipo. No equipo coruñés non estará unha ex do Matamá, a central Laura Vázquez.

Victoria-Sárdoma 
Pola súa banda, o Sárdoma visita ó Victoria CF coruñés (16:00). As viguesas marchan na cuarta posición e o seu rival é noveno, pero con marxe sobre o descenso.n

Te puede interesar