Xornal escolar

Máis de 800 alumnos participarán nunha English Week

Un total de 41 centros educativos públicos e 825 alumnos e alumnas participarán no programa.
photo_camera Un total de 41 centros educativos públicos e 825 alumnos e alumnas participarán no programa.

Estas estadías, que son de balde para os estudantes participantes, benefician a 11 centros da provincia de Pontevedra e contan no programa con sete quendas de inmersión lingüística dunha semana de duración.
 

Un total de 41 centros educativos públicos e 825 alumnos e alumnas participarán, a partir desta mesma semana, nas English Week que se celebrarán no centro de inmersión lingüística dos Peares, o único de toda España dedicado en exclusiva a tal fin. Estas estadías están dirixidas ao alumnado de 6º de Educación Primaria e dos catro cursos da ESO e teñen como obxectivo a mellora das competencias lingüísticas en inglés dos estudantes. A estas 825 prazas súmanse outras 300 para centros concertados, chegando así ata os 1125 alumnos beneficiados. 
Tal e como se extrae da resolución de centros admitidos, publicada na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta iniciativa beneficiarán a 19 centros da provincia da Coruña, 6 de Lugo, 5 de Ourense e 11 de Pontevedra. Como vén sendo habitual, estas actividades están totalmente subvencionadas polo departamento educativo da Xunta de Galicia, que achega para tal fin un orzamento de 544.500 euros.
Centros participantes
En Pontevedra participarán nas estadías de inmersión lingüística os seguintes centros: o CPI de Cova Terreña de Baiona, IES Plurilingüe Terra de Turonio de Gondomar, o IES República Oriental do Uruguai de Vigo, o IES de Valga, o IES Alexandre Bóveda de Vigo, o IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín e o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda no caso de ESO. En primaria, asistirán o CEIP de Leirado de Salvaterra de Miño, o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Vilagarcía, o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui e o CEIP Plurilingüe Nantes de Sanxenxo. Pola súa banda, na provincia de Ourense beneficiarase o IES Cosme López Rodríguez da Rúa e, na parte de primaria, o CEIP Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, o CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, o CEIP de Manzaneda e o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives.  
Mellora da comprensión 
e expresión oral en inglés
As estadías desenvolveranse en quendas semanais, de domingo pola tarde ata o sábado seguinte pola mañá, e serán supervisadas por monitores. O seu custe, sufragado pola Consellería, inclúe os gastos de docencia e o material escolar, as actividades culturais e complementarias dos cursos, os gastos de mantenza e aloxamento, un certificado de realización da actividade e  o obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha actividade  de  inmersión  lingüística  que  lles  permita  mellorar  as  súas  destrezas  de  comprensión  e  expresión  oral  en  lingua  inglesa. Para iso, organizaranse tanto actividades académicas como de tempo libre e obradoiros.
, de tal forma que se reforce a un tempo o programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas e a convivencia entre eles, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes.


 

Te puede interesar