vigo

O grupo vigués Son Trío, o mellor en musicalizar a Celso Emilio

Katerina Linke, Su Garrido Pombo e Susanna Blanco, no vídeo gañador.
photo_camera Katerina Linke, Su Garrido Pombo e Susanna Blanco, no vídeo gañador.

Katerina Linke (metalófono), Su Garrido Pombo (voz) e Susana Blanco (cello), Son Trío, veñen de gañar a segunda edición do Premio Celso Emilio Ferreiro, ao musicar o poema “Un día”.

“Collín o libro da obra completa de Celso Emilio, chamáronme a atención varias composicións, pero cando lin esta pareceume perfecta, cunha metáfora moi bonita”, afirma Linke, autora da melodía.

Celso Emilio adicou “Un día” ao seu amigo Antón Beiras. Tal e como recoñece a autora, o proceso tivo lugar de xeito moi natural: “Para lle por música dexeime levar pola intuición, tararei a letra e de súpeto, xurdíu”.  
Linke procuraba un sonido infantil, polo que cambiou o piano por un pequeno metalófono e utilizando o cello como un baixo.
O videoclip, que se pode visualizar en youtube, foi gravado nas rúas de Vigo: “Tívemos claro dende o principio que tiña que ser nesta  cidade, nós somos de aquí e tamén Celso Emilio e Antón Beiras”. O Casco Vello, As Avenidas, Policarpo Sanz ou o Paseo de Alfonso son algunhas das localizacións que aparecen.
O xurado, composto por Raquel Ferreiro, Ramón Nicolás e Manuel Bragado, Lorena López Cobas, Juan Durán, Silvia Penas e César del Caño, fallaron a favor de Son Trío, que obtivo un galardón dotado con 3.000 euros.
“O premio destinarémolo a costear parte do noso primeiro disco ‘Miña almiña’, do que estamos gravando os dez temas, con música nosa e letra de Rosalía de Castro, que sairá nun mes”.

Te puede interesar