Vigo

Sete galegos foron virreis nas colonias de América

O historiador Xosé Ramón Álvarez Campos e o editor Francisco Rodríguez, na pressentación de onte.
photo_camera O historiador Xosé Ramón Álvarez Campos e o editor Francisco Rodríguez, na pressentación de onte.

Pilar Cagiao coordina o estudo da migración galega no sur do continente

Os historiadores Alexandre Vázquez González, Xosé Manuel Núñez Seixas, Erica Sarmiento da Silva, Xosé Ramón Álvarez Campos, Mª Teresa García Domínguez e Andrea Ayala Flores, coordinados por Pilar Cagiao son os autores da nova entrega de Hércules Ediciones, “A emigración galega: América do Sur”. Trátase do primeiro volumen dunha colección de seis libros.
O editor Francisco Rodríguez e o historiador Xosé Ramón Álvarez Campos, da Universidade de Vigo presentaron onte “a recuperación da cultura galega no outro lado do océano”. Rodríguez reseñou que esta nova publicación “non é unha enciclopedia, trátase dunha obra de investigación e divulgación feita polos que máis saben da materia”.
Nesta publicación abránguese a presenza galega no sur do continente americano dende o tempo colonial. Cagiao abre o estudo cun análise dunha época onde os galegos eran unha minoría, “condicionado a que o único porto de saída era Sevilla”. Incluso nesta época se rexistraron sete virreis, doce bispos e centenares de misioneros nados nestas terras. O primeiro galego do que se ten constancia no novo continente é Gonzalo do Campo, un ourensano que en 1521 funda o primeiro poboado estable na actual Venezuela.
O groso do estudo céntranse nos movementos migratorios de 1880 a 1930, en países como Arxentina, Uruguay, México o Brasil, neste último chegaron a desembarcar ata 500.000 galegos. As redes migratorias que se formaban en cada país e que favorecía a instalación de colonias procedentes dos mesmos pobos tamén son estudiadas. É o caso dos orixinarios de Avión en México. En Chile e Perú a presenza de galegos non foi tan maioritaria, aínda que se deixou notar con personaxes como os irmáns Barcia Boente de Ponteareas; Cesareo Mosquera, que abríu unha librería ou Alfonso Graña, de Avión, que chegou a ser rei dos xíbaros.
“A emigración galega” editase en dúas versións: galega e castelá.n

Te puede interesar