vigo

A cor violeta conquista a literatura

Inma López Silva analiza o feminismo dende a súa vida.
photo_camera Inma López Silva analiza o feminismo dende a súa vida.

O feminismo ten cada vez máis calado nos libros, dende o punto de vista das autoras  e na construcción das protagonistas, referentes das novas xeracións. Así o valoran escritoras que presentaron este días a súa obra en Vigo

“No último ano a visibilidade das mulleres na literatura, tanto as escritoras como os personaxes, teñen que ver coa forza que o momento feminista acadou no último 8-M”. Así, Montse Pena, autora de  “Feminismo e literatura infantil e xuvenil”, valorou esta semana en Vigo a rápida evolución que ten experimentado o sector, onde a cor violeta xa se deixa sentir.

Nestes meses coinciden no mercado coleccións como Mulleres Bravas da Nosa Historia, de Urco Editora ou Pioneiras, de edicións Xerais. A primeira proposta feita dende Santiago está coordinada por Andrea Jamardo Seijo. Logrou os fondos dos dous primeiros títulos adicados a Rosalía de Castro e a María Victoria Moreno a través dunha plataforma de micromecenazgo (Verkami), onde 235 aportacións xuntaron os máis de 6.100 euros precisos. Con ilustracións de Eva Agra, para os textos invita a unha escritora galega por cada número. Entre elas xa están dúas viguesas: María Reimóndez e Ledicia Costas, quen asina a última entrega sobre Pepa a Loba.
Recén saído do prelo, Xerais presentou o segundo número de Pioneiras. Cos textos da editora Anaír Rodríguez, cada entrega convida a unha ilustradora para que poña face ás personaxes femininas que cambiaron a Historia pero foron esquecidas polo paso do tempo. “Sempre houbo mulleres protagonistas na literatura, o problema era como se desenvolvía o personaxe, o rol que representaban o que se agardaba delas”, indicou Pena, para quen todas estas coleccións cumpren unha función “a recuperación necesaria do esquecemento de mulleres que non saen nos libros de textos, nen están recollidos os seus currículos”. Mais puntualiza, que esta nova liña editorial non é tanto froito da concienciación, como resposta a unha demanda da sociedade: “A cultura tamén ten que ser social e esixe coñecer a esas investigadoras, inventoras ou científicas”.

Pero os aires de feminismo deixáronse sentir sobre todo nos libros para adultos. As dúas editoriais viguesas de referencia finalizaron o ano con dous textos moi significativos: “Vivir a galope”, as memorias de María Xosé Queizán, en Xerais e a colección Feminismos, en Galaxia con tres títulos no mercado (“Chámame señora, pero trátame como un señor”, de Inma López Silva; “Feminicidio”, de Carme Adán e “Ám@me”, de Chis Oliveira e Amada Traba). Son publicacións nas que se reflexiona sobre o rol da muller en distintos ámbitos e reivindica o seu sitio. “Dende o 8 de marzo, o feminismo globalizouse e a xente está ávida de saber sobre todo isto”, indica López Silva, que propón una análise dende postulados moi persoais e nada teóricos.

Á recuperación de biografías ou á avaliación intelectual no feminismo e a muller, se lle uníu  a creación de persoaxes femininos na literatura de ficción como protagonistas empoderadas. Tal é o caso en literatura xuvenil de “A balada dos unicornios”, escrito pola viguesa Ledicia Costas, con Ágata McLeod como a heroína. E tamén publicado en 2018 e por outra viguesa, Iolanda Zúñiga, “Noites de Safari”, presenta a Marleen MaLone como a dona das súas conquistas sexuais, un terreo tradicionalmente reservado aos homes.
“Non hai temas de homes e de mulleres, pero si cada vez xorden máis mulleres escritoras, son autoras de gran calidade e veremos aumentar a súa presenza”, asegurou Montse Pena como explicación a unha literatura cada vez máis feminista.¡

Inma López Silva Escritora de “Feminismos”

"Teño encaixes e tacóns e sego sendo feminista, non hai que vestir de home”

 Inma López Silva (Santiago, 1978) foi outra escritora que presentou esta semana en Vigo o seu libro “Chámame señora, pero trátame como a un señor”, invitada polo Centro de Documentación Feminista. O título abríu a colección de Galaxia adicada a este movemento.

Neste libro fai unha reflexión sobre o feminismo dende un punto de vista persoal, quedando “espida” ante o lector. Era preciso este xesto de valentía?
É tan persoal, que resulta incluso morboso, pero eu non o vín como valentía. Penso que si foi un atrevemento necesario nun momento dado en que me sitúo a min mesma cunha traxectoria que me avala. Temos que facelo aos que se nos permite ter unha voz. Eu teño unha determinada sona e quero aproveitala para cousas útiles, non para me converter nunha influence. Busco facer pensar á xente e colocala onde non está habitualmente. Con toda esta vaga feminista facía falla dar un toque no campo da Cultura, que sempre pasa de puntillas.

Reivindica o feminismo na linguaxe. Bótao en falla?
Este último ano, dende o 8 de marzo, ganamos moitas batallas. Sobre todo queda pendente a violencia instrumental do patriarcado. Pero son optimista no ámbito da linguaxe. Nós mesmas renunciamos a definirnos como feministas. Era un termo malo porque atacaba o alicerce do status quo. Por fin dicir certas cousas deixou de ser tabú, as mulleres comezan a reivindicar poder charmar polo seu nome as partes do seu propio corpo.

Nun momento agradece a chegada da cor azul ao imaxinario infantil. Están cambiando as cousas para as novas xeracións?
O capital aportou algún referente feminino na literatura infantil, incorporando a mulleres rebeldes, pero esto é resultado desta vaga feminista. Eu abraio de que Frouzen puxera de moda a cor azul, bendita sexa! Falta revisar os modelos que veñen de atrás. Non o vexo como un fracaso, é a pegada do feminismo sobre o capital. Pero o que realmente mudará as cousas será a irrupción das mulleres nos catálogos editoriais, mais hai un tapón histórico que o impide.

O seu libro tamén é unha man tendida aos homes, hainos feministas?
Hainos. Ademais aos homes feministas venlles ben saír do armario. Esta revolución será un cambio radical, tamén no modo de reaccionar, de entender o poder, de utilizar o verbo...As mulleres necesitámolos a eles neste proceso para acabar co patriarcado. Os homes son o 50 por cento da sociedade e a revolución feminista non os pode anular, ten que contar con eles. Hai moitos que desexan participar e estar a carón das mulleres neste cambio.

E afirma que se pode ser feminina e feminista ao tempo. A imaxe que dá o feminismo tamén está a mudar?
Esa sempre foi a miña teima. Nós somos como somos. A simboloxía feminista non te que ser a que lle impuxo o patriarcado. Eu teño encaixes e tacóns e sego sendo feminista. Non hai que vestir de home para aceptar o poder. Tamén hai que reixeitar ese símbolos do patriarcado.

Comezou a entrevista reivindicando a entrada dos novos aires na Cultura. Como escritora ten vivido algún caso de discriminación por ser muller?
Eu non sufrín acoso, non sei se por sorte ou por xeito de ser. En comparación co que soportaron outras, calquera cousa que me poida parecer grave non o é tanto. Pero sí noto a imposibilidade de non chegar onde podería por ser muller. Non temos acceso aos centros de decisión, a prensenza da muller en ámbitos institucionais como a Real Academia Galega é mínima. Atópome en situacións machistas día a día, é esa sensación de saber sobre algo, pero que sentirse anulada, mentras ao lado hai un mediocre que chegou onde está por ser un tío. Esto na Cultura é grave porque amosa o interés polo desinterés.

Te puede interesar