Xornal Escolar

Centros educativos crearán un laboratorio de radio

Un proxecto piloto posto en marcha para oito centros educativos de Pontevedra.
photo_camera Un proxecto piloto posto en marcha para oito centros educativos de Pontevedra.

O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais, imprescindibles na sociedade actual. Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como “centros creativos de aprendizaxes”.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a convocatoria para a posta en marcha da iniciativa Radio na biblio, un proxecto piloto a través do que oito centros educativos da provincia de Pontevedra porán en marcha nas súas respectivas bibliotecas escolares un laboratorio de radio.  Para seleccionar os centros a Consellería tivo en conta a valoración acadada pola memoria da biblioteca do pasado curso 2016/17 (polo proxecto presentado, no caso dos centros que se incorporaron ao Plambe este curso) e a localización xeográfica dos centros, dando prioridade aos que se  atopan en concellos do ámbito rural.
En base a estes criterios, os centros seleccionados para esta primeira experiencia foron, na provincia de Pontevedra, os CEIPs de Agolada (Agolada), Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade), Plurilingüe Manuel Sieiro (Crecente), de Figueiroa (A Estrada), Valle-Inclán (O Grove) e A Lama (A Lama); o CRA de Meis (Meis) e o CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal).
O obxectivo deste programa é que o alumnado avance na adquisición das competencias informacionais e mediáticas, imprescindibles na sociedade actual. Así mesmo, procúrase estimular o papel das bibliotecas escolares como “centros creativos de aprendizaxes”, tal e como establece o Plan Lía 2016/20. Asemade, búscase ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo da comunidade educativa. Os programas de radio serán unha boa ferramenta para xerar dinámica.
 

Te puede interesar