traiñeiras

O ceo de Cabo fica en Hondarribia

Cabo sacudiu onte a Bandeira de Hondarribia, a primeira vez no curso que gaña un barco que non é vasco.
photo_camera Cabo sacudiu onte a Bandeira de Hondarribia, a primeira vez no curso que gaña un barco que non é vasco.

O bote boirense gañou onte unha regata de ACT 14 anos despois e Tirán recurtoulle un punto máis a San Juan

Para o remo galego xa é un grande mérito ter dúas traiñeiras competindo na Liga ACT fronte a embarcacións vascas con presupostos, instalacións e comodidades moito maiores. Maior é o valor de conquerir deixar por detrás a calquera dos seus rivais, como ven facendo Cabo todo ano e como Tirán ven de acadar con San Juan nas sete últimas regatas. Pero gañarlle unha bandeira ós xigantes que bogan cada semana é algo histórico. E Cabo da Cruz fixo historia onte. 14 años despois voltou gañar unha proba de ACT e, como naquela ocasión, fixóo nunha das catedrais do remo de banco fixo: en Hondarribia. O barco boirense vóou na segunda quenda e aproveitou o maior vento da última para superar a Urdaibai, o líder da liga, por soamente doce centésimas de segundo. A "Mar do Con" completou o éxito galego e de novo quedou por diante de San Juan –xa van sete seguidas– para poñerse a dous puntos tras recurtar oito no último mes. Outro paso máis para poder loitar pola permanencia nunha promoción que hai un mes semellaba unha utopía.
A "Mar do Con" acadou o séptimo recurte consecutivo do mesmo xeito cos outros seis. Nun paralelismo claro coas súas tempadas, Tirán bogou de menos a máis e San Juan de máis a menos. Na primeira ciaboga, os morracenses perdían cinco segundos cos seus rivais, con Kaiku no medio dos dous. Foi no longo de volta cando as forzas se equilibraron ata virar na segunda ciaboga case á par. Historia repetida. O vento lateral, que tanto amola ós remeiros cando sacan a pala fóra da auga, non impediu que o bote de Moaña superase á "Erreka" para meter no peto a terceira praza da quenda. Por diante, Donostiarra, intratable, e Kaiku, segunda.
A segunda rolda foi unha escandalosa exhibición de Cabo da Cruz. Os boirenses comandaron de principio a fin e deixaron a Santurtzi a 41 segundos, a San Pedro a 47 e a Ondarroa, desfondada tralo esforzo do sábado bogando na casa, a 48. O espectacular 19:46 da embarcación barbanzana facía soñar co trunfo, pero quedaba a quenda de honra cos xigantes da ACT en liza. O vento subiu nudos, como se fose un siareiro de Cabo. Inda así, Urdaibai bogou a tope para quitarse o mal sabor de boca do seu cuarto posto do sábado. Pronto, o líder da liga destacouse e quedou só nunha contrarreloxo individual para superar o tempo de Cabo. O trunfo galego estivo no aire ata a última palada de Urdaibai, que cruzou a meta situada fronte á praia de Hondarribia doce centésimas máis tarde que a traiñeira de Boiro. A sorpresa era xa unha realidade. Os todopoderosos barcos vascos botaron o xeonllo ó chan fronte un galego. O fin de semana que vén, o último antes de que a ACT visite Galicia. n

Te puede interesar