vigo

O BNG di que é 'máis bloque que nunca' cara ás eleccións

Xabier Pérez Igrexas, o candidato do BNG, coa portavoz, Ana Pontón, no acto de onte.
photo_camera Xabier Pérez Igrexas, o candidato do BNG, coa portavoz, Ana Pontón, no acto de onte.

Xabier Pérez Igrexas di que "tomaron nota" do fiasco das anteriores eleccións municipais. Presentou os seus 10 eixos

nnn O candidato do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, fixo onte a súa posta de longo coa portavoz nacionalista, Ana Pontón, na súa primeira intervención con "gran formato" e diante da militancia no auditorio do centro social Afundación. Igrexas falou do su programa e as "10 bases programáticas, os grandes 10 eixos do BNG", que se resumen en facer de Vigo "unha cidade para o pobo coas necesidades dos vigueses en primeiro plano", e construir dende barrios e parroquias "unha comunidade humana, coa cuestión social en primeiro plano". Pérez Igrexas tamén falou de recoller ideas, propostas e suxerencias para integrar o programa eleitoral que o Bloque vai propoñer. Antes, en conversa con este xornal, dixo que o resultado de hai catro anos, cando o BNG quedou fora da Corporación, fora moi duro: "O noso votante é moi existente", indicou, lembrando que cando o Bloque acadou a Alcaldía, con Lois Castrillo en 1999, foi con  35.000 votos "nun contexto estatal co PSOE que estaba en proceso de desaparición". Así, dixo que tras saír da Corporación "tomamos nota da mensaxe que recibimos, de acometer cambios. O BNG é un bloque diferente, renovado, non so en Vigo, o momento político non é o mesmo, non saber xestionar a plurinadade interna tamén penaliza, hoxe é máis compacto, un Bloque máis bloque, sobre todo en Vigo", sinalou.

ANA PONTÓN
Ana Pontón, pola súa banda, manifestou que o BNG presentase as eleccións municipais “cos deberes feitos” e a convicción de que, hoxe máis que nunca , é necesario que o nacionalismo teña presenza no concello vigués para encarar outro modelo de cidade e para que a política municipal reverta na cidadanía e na melloría das  súas condicións de vida.
"Estamos nun momento -dixo Pontón- no que é importante adiantarse aos feitos e dende  a política debemos “pensar e soñar o Vigo do futuro” pero o reto máis urxente é recuperar o impulso industrial, o emprego e ese Vigo innovador que foi sempre. Todo isto, non se pode facer  dende “a confrontación e o localismo” e por iso dende o BNG queremos “entrar con forza no Concello para tender pontes e construír unha sociedade  más xusta e con máis igualdade pero tamén, converter Vigo na cidade da innovación de Galicia”. Pontón lembrou que ao longo dos últimos anos, o BNG sempre traballou por Vigo e a “pegada está presente”. "Se hoxe temos un paseo en Bouzas é porque no seu momento o Bloque opúxose a aqueles que pretendían un recheo. Se Vigo ten rúas peoniles é porque un goberno presidido por Castrillo impulsou un modelo que coloca aos peóns por riba dos vehículos. O BNG apostou por unha política cultural conectada coas grandes correntes de pensamento, e Vigo necesita un novo impulso” e dende o BNG queremos colaborar para conseguilo apostando por un candidato “de canteira”. "Temos un candidato que a pesar da súa xuventude conta coa experiencia, disposto a dar o mellor de si mesmo para que este proxecto avance". Mostrouse convencida de que o BNG entrará con forza no Concello.n

Te puede interesar